Falando de servizos ferroviarios de media distancia


Tivemos esta mañá na Comisión de Fomento a comparecencia da Secretaria Xeral de Transportes, Carmen Librero para informar sobre o proceso de racionalización dos servizos ferroviarios de media distancia convencional que o Goberno estableceu no Acordo de Consello de Ministros do pasado 28 de decembro de 2012, segundo o disposto no Real Decreto-lei 22/2012, de 20 de xullo, polo que se adoptan medidas en materia de infraestructuras e servizos ferroviarios.

Informou que Renfe presta ao ano máis de 167.000 circulacións en servizos de media distancia convencional nun total de 118 relacións, que realizan paradas nun total de 787 estacións ou apeaderos, e son utilizadas por máis de 16 millóns de viaxeiros, cun custo por viaxeiro duns 10,9 €/viaxeiro.

Tamén precisou que servizos ferroviarios vense afectados na primeira fase do plan de racionalización, que son os de media distancia sobre rede convencional. A segunda fase deste proceso abarcará os servizos de media distancia que se prestan sobre rede de alta velocidade, coñecidos comercialmente como "servizos AVANT", así como os servizos prestados sobre a rede de ancho métrico que ata o pasado mes de decembro prestaba FEVE. 

Analizou os servizos ferroviarios de media distancia convencional, mencionando que algúns deles mostran importantes ineficiencias, que merman a súa rentabilidade económica e social.

Así, o 51,7% dos trens (circulacións) presentan un aproveitamento inferior ao 15% respecto das prazas-quilómetro ofertadas. Trátase, xa que logo, de servizos de baixa ocupación, onde por cada euro que paga o viaxeiro o Estado aporta máis de 6,2€. De media, o billete destes servizos custa 4,5€  e o Estado, por cada billete, paga preto de 28€.

Afirmou que da análise detallada destes servizos obsérvase, en moitos casos, que a baixa ocupación prodúcese porque o ferrocarril non resulta competitivo fronte ao transporte por estrada, xa que este é máis atractivo en tempos e/ou prezo do billete.

Ademais da existencia de servizos de baixa ocupación, dixo que tamén se detectan estacións ou apeaderos de servizos de media distancia con tráfico nulo ou moi reducido. A modo de exemplo cítou  que detectaron 172 estacións ou apeadeiros, que supoñen un 21,8% do total, que tiveron menos de 1 viaxeiro diario de media subido ou baixado dun tren de media distancia. Tamén hai 163 casos (20,7%) de estacións ou apeadeiros que tiveron entre 1 e 5 viaxeiros diarios de media.

Dixo que co Real Decreto-lei 22/2012 estableceu que antes do 31 de decembro de 2012 o Ministerio de Fomento debía elevar ao Consello de Ministros unha proposta para a declaración de servizos ferroviarios de media distancia como Obrigacións de Servizo Público. E que se cumpriu mediante un plan de racionalización baseado no obxectivo fundamental e irrenunciable de garantir o dereito á movilidade dos cidadáns, pero facelo dentro dunha oferta multimodal, que considere servizos ferroviarios de media distancia e tamén servizos regulares de transporte por estrada, de maneira que se aposta por aquel modo que sexa máis eficiente en cada caso e aquel que supoña un menor custo para o conxunto da sociedade, e asegurando sempre os maiores estándares de calidade e seguridade na prestación do servizo.

Engadiu que tras realizar toda a análise teórica e contraste de resultados con Renfe, coas Comunidades Autónomas e cos representantes sindicais, o Ministerio de Fomento ultimou o seu plan de racionalización dos servizos ferroviarios de media distancia convencional que elevou ao Consello de Ministros para a súa consideración.

Así, todas aquelas relacións ferroviarias que mostraban un aproveitamento superior ao 15% declaráronse obrigación de servizo público. Nas relacións que ostentaban un nivel de aproveitamento entre o 10% e o 15%, estudáronse todas as medidas posibles para mellorar a eficiencia da relación. Si con estas medidas, alcanzábase un 15% de aproveitamento, a relación declarábase tamén OSP. Finalmente, aquelas relacións claramente ineficientes que non cumprían ningún dos requisitos anteriores non foron declaradas OSP, xa que nestes casos os modos alternativos de transporte por estrada resultan máis eficientes para prestar o servizo.

Dixo que con estes criterios elaborouse o plan de racionalización por parte do Ministerio de Fomento, e como resultado, declaráronse obrigacións de servizo público sobre un total de 88 relacións de media distancia repartidas por todo o territorio. Así mesmo, estableceuse que a declaración de OSP deberá ser revisada cada dous anos. Isto permitirá manter o listado de OSP adaptado á realidade de cada momento, e ter en conta novidades que poidan producirse, por exemplo, a entrada en funcionamento nos próximos anos de novas infraestructuras que fagan máis atractivos os servizos ferroviarios fronte ás súas alternativas.

Tamén aclarou que moitas das relacións que deixaron de considerarse OSP quedan incluídas noutras relacións, é dicir, que nestes casos as conexións ferroviarias mantéñense como Obrigación de Servizo Público, aínda que utilizando trens doutra relación normalmente máis extensa. Por iso engadiu son moi excepcionais os tramos nos que, como resultado do proceso de racionalización, suprímese totalmente o servizo ferroviario de media distancia.

Informou que en todos os casos nos que se suprimiu a relación ferroviaria de media distancia, dáse resposta ás necesidades de movilidade  dos cidadáns das poboacións afectadas a través da oferta alternativa de transporte por estrada, ben a través das concesións de autobús de competencia estatal, ou ben a través das concesións autonómicas. E dixo que na actualidade o Ministerio de Fomento traballa con todas as CCAA afectadas, e da análise realizada despréndese que a gran maioría de poboacións que perderían o servizo ferroviario de media distancia xa contan con servizo alternativo de autobús, e nas que este servizo non exista reforzarase a oferta mediante a modificación puntual das concesións estatais ou autonómicas, segundo resulte máis apropiado en cada caso.
Con la tecnología de Blogger.