lunes, 4 de marzo de 2013

Segue a tendencia de ralentización do ritmo de aumento do paro rexistrado


Hoxe coñecemos os datos oficiais do paro rexistrado correspondentes ao mes de febreiro de 2013.

Son os seguintes:

Ourense:

Medra o paro registrado en febreiro en relación co mes anterior en 70 persoas, unha lixeira suba do 0,22 %.

O numero de parados queda en 31.911, deles 15.616 son homes e 16.295 mulleres, 29.482 son maiores de 25 anos e 2.429 menores.

Por sectores, 1.423 son da agricultura, 4.503 da industria, 4.863 da construción, 18.415 nos servizos e 2.707 do colectivo sen emprego anterior.

A nivel interanual o paro rexistrado medrou en Ourense en 1.505 persoas, un 4,95 %, que é inferior ao dato autonómico do 6,61 % e ao nacional do 6,96 %

Galicia:

O paro rexistrado de Galicia medrou en 2.033 persoas con respecto a xaneiro (un 0,70 %). O numero de parados queda en 292.823, deles 144.846 son homes e 147.977 mulleres, 271.945 son maiores de 25 anos e 20.878 menores.

Por sectores, 9.533 son da agricultura, 41.066 da industria, 47.455 da construción, 171.758 nos servizos e 23.011 do colectivo sen emprego anterior.
 
Das 16 comunidades nas que sobe o paro, Galicia é a 5º na que menos sobe en termos relativos.

Con todo, en Galicia o incremento é menor que no Estado (0,70 fronte ao 1,19). É, ademais, o mellor mes de febreiro dos últimos cinco anos na Comunidade.

Galicia mellorou, ademais, o seu comportamento interanual, que se sitúa nun 6,61% este mes. Este dato supón que, nun ano, Galicia mellorou en catro puntos (en febreiro de 2012 aumentaba nun 10,63%) a súa evolución interanual e inverteu a situación con respecto a España.

 España:

O paro medrou en Febreiro en 59.444 persoas, un 1,19 %. Queda situado en 5.040.222 persoas. Deles 2.503.626 son homes e 2.536.596 son mulleres, 4.560.356 son maiores de 25 anos e 479.866 menores.

Por sectores, 211.166 son da agricultura, 552.399 da industria, 760.686 da construción, 3.142.262 nos servizos e 373.709 do colectivo sen emprego anterior.
  
A nivel interanual o paro rexistrado medrou en España en 328.124 persoas, un 6,96 %.

Os datos son evidentemente negativos pero hay que salientar que trátase do menor incremento dun mes de febreiro despois do ano 2008 e tamén é significativamente inferior ao dato de paro rexistrado do mes de febreiro de 2012, cuxo aumento alcanzou a cifra de 112.269 persoas respecto ao mes anterior.

Nos meses de febreiro dos últimos anos de crise económica, o paro rexistrado incrementouse máis ou menos en 94.000 persoas. En comparación con ese período, a subida do paro rexistrado neste último mes foi un 37% inferior.

A secretaria de Estado de Emprego, Engracia Hidalgo, afirmou que un mes máis se mantén a tendencia de ralentización do ritmo de aumento do paro rexistrado dentro do actual contexto de recesión económica que atravesamos.

Neste sentido, a taxa de incremento interanual do paro rexistrado continúa moderándose e acumula xa un descenso de máis 5 puntos porcentuales, desde o máximo de case o 13% alcanzado en maio, e sitúase xa por baixo do 7%.

Fonte: Servizo Público de Empleo Estatal.