En Burela no Congreso do PP de Lugo


Hoxe  viaxei a comarca lucense da Mariña para asistir ao XVI Congreso do PP de Lugo. Celebrouse na casa da cultura de Burela baixo a presidencia da monfortina, Julia Rodríguez.

Escoitei a ponencia da voceira do Medio Rural do PPdeG, Isabel García Pacín, relativa a producción agraria, a ganderia, a pesca e o sector forestal. 

Comer lembrar o potencial gandeiro de Lugo, especialmente no vacún de leite, con 4.988 explotacións, o que representa o 43% do total galego; e un censo de reproductoras de 138.538 vacas, o que supón o 41% do censo total de Galicia. 

No Congreso tamen falouse do sector pesqueiro da Mariña de Lugo que con máis de 43 millóns de quilos,  e a primeira zona da nosa comunidade en descarga de peixe fresco.


Despois do informe de xestion do secretario xeral  José Manuel Balseiro tiveron lugar as votacions que remataron coa reelección como Presidente de José Manuel Barreiro co 96,48 por cento dos votos, de xeito forma que inicia o seu cuarto mandato. Parabens!

Logo foi o turno das intevencións dos presidentes provinciais de Ourense e A Coruña, do alcalde de Lalin en representación do PP de Pontevedra ,  da Ministra de Fomento, Ana Pastor, do Presidente de honra do PPdeG, Gerardo Fernández Albor, do reelecto Jose Manuel Barreiro e do Presidente do PP de G, Alberto Núñez Feijoo.



Foi  este Congreso unha ocasión tamén para ver a moitos amigos, entre outros ao ex-presidente do Parlamento de Galicia, o vilalbés José María García Leira, co que tiven a honra de compartir Mesa naquela Cámara.

E por suposto un motivo para visitar estas terras do Cantábrico dunha enorme beleza, visitar Cervo e Viveiro, e tamén ver o importante avance das obras da Autovía A-8 que comunicará axeitadamente Galicia con Asturias, Cantabria, o País Vasco e Francia.


.

Con la tecnología de Blogger.