Comezou o mes de marzo
e no Consello de Ministros, como é habitual tomáronse importantes acordos como
a impugnación polo Goberno, da resolución do Parlamento de Cataluña pola que se
aproba a "Declaración de soberanía e do dereito a decidir do pobo de Cataluña".
A vicepresidenta Saénz de Santamaría explicou que non se trata dun recurso de
inconstitucionalidade nin dun conflito de competencias, senón da "terceira
vía" que permite a Constitución, a impugnación, e interponse "do
mesmo xeito que outras administracións vense compelidas en ocasións a impugnar
disposicións ou decisións do Estado que consideran que lles afectan.
Tamén o Consello de
Ministros estudou o anteproxecto de lei de Acción e do Servizo Exterior
do Estado. Esta norma consagra sete principios básicos: unidade de
acción no exterior; lealtad institucional e coordinación; planificación;
eficiencia; eficacia e especialización; transparencia e servizo ao interese
xeral.
O ministro José Manuel
García Margallo avanzou que se vai a invitar ás comunidades autónomas a
traballar co Goberno para que "sexan máis eficientes e sirvan mellor aos
seus cidadáns". Así mesmo, invitaráselles a "compartir servizos,
edificios e funcionarios nas representacións no exterior".
O ministro aclarou que
o obxectivo é ofrecer apoio logístico ás delegacións autonómicas nos seus
desprazamentos ao estranxeiro e definiu as medidas adoptadas hoxe como un
"paso máis no recoñecemento do estado autonómico", que non se deu ata
agora.
Tamén o Consello de
Ministros aprobou a remisión ás Cortes do Proxecto de Lei que reforma a
Lei Orgánica do Poder Xudicial para garantir a representación de toda
a carreira xudicial no o seu órgano de goberno, ao facilitar a elección de
xuíces e maxistrados en activo que non pertenzan a unha asociación
xudicial.