miércoles, 6 de marzo de 2013

Sobre as contas da Seguridade Social

Considero importante constatar dentro dos datos de liquidación presupuestaria hoxe divulgados, os que afectan á Administración da Seguridade Social, que rexistrou ao peche provisional do exercicio de 2012 e en términos de contabilidade nacional un déficit de 10.131 millóns de euros, o que equivale ao 0,96% do Produto Interior Bruto, fronte ao equilibrio previsto inicialmente.


Do déficit global da Seguridade Social, ao Sistema -Mutuas de AT e EP e Entidades Xestoras e Servizos Comúns- correspóndelle un déficit do 0,85% do PIB, ao Servizo Público de Emprego Estatal o 0,02% do PIB e ao Fondo de Garantía Salarial un déficit do 0,09% do PIB


Ingresos non financeiros


A recadación por cotizacions sociais ascendeu a 101.106,03 millóns de euros, o que representa unha disminución de 3,99 puntos porcentuais respecto ao mesmo periodo do ano anterior, consecuencia do descenso da cotización de ocupados nun 4,82%, e o aumento da cotización de desempregados que rexistra un subida do 3,65%.


En conxunto, a Seguridade Social tiña previsto ingresar neste exercicio un total de 106.322,96 millóns de euros en concepto de cotizacions sociais. Desta forma, os ingresos por cotizaciones representan o 95,09 do previsto para todo 2012.


Gastos non financeiros


As prestacións económicas a familias e institucións totalizaron 114.932,08 millóns de euros, cifra que representa un 92,38% do gasto total realizado no sistema de Seguridade Social. A maior partida, 111.745,65 millóns de euros corresponde a pensións e prestaciones contributivas, cun crecemento interanual do 2,82%.


Dentro das prestaciones contributivas, ás pensións (invalidez, xubilación, viudedade, orfandade e en favor de familiares) destináronse 103.514,70 millóns de euros, un 4,00% superior á do ano pasado. As prestaciones por maternidade, paternidade e risco durante o embarazo eleváronse ata os 2.264,43 millóns de euros, o que representa un decremento interanual do 3,71%. En Incapacidade Temporal o gasto realizado alcanza un importe de 5.450,79 millóns de euros, o que supón un significativo descenso respecto ao exercicio anterior do 12,66%.


Ao peche provisional as pensións e prestaciones non contributivas presentan un decremento interanual do 7,53%, alcanzando un importe de 3.180,92 millóns de euros, dedicándose a pensións non contributivas 1.987,84 millóns e a prestaciones familiares 990,54 millóns de euros, aínda que é necesario indicar, que se recoñeceron obrigacións de carácter non presupostario nestes conceptos por importe de 160 e 327 millóns de euros, respectivamente.

Estes datos poñen de relevo a importancia de seguir traballando no obxectivo de recuperar a estabilidade presupostaria na Seguridade Social e afrontar con solidez o seu futuro nun contexto dunha contorna de crise e axustes sen precedentes.

Neste primeiro ano e desde o Goberno de Rajoy estanse tomando decisións moi importantes para o sostemento do noso sistema de pensións no futuro, probablemente as máis importantes que se tomaron nos últimos tempos e estanse respectando escrupulosamente os dereitos adquiridos polos pensionistas.

No Partido Popular reafirmamos pois o noso compromiso fundamental cun sistema público de Seguridade Social, e facémolo ademais en estrito cumprimento do Pacto de Toledo, respondendo a un principio de estabilidade e de tranquilidade dos nosos pensionistas ante conxunturas adversas.