jueves, 7 de marzo de 2013

Ás portas dos cen primeiros días do Goberno de Feijoo


Cando están a punto de cumprirse os cen primeiros días dende a toma de posesión do novo Goberno, o Consello da Xunta celebrado hoxe, fixo balance afirmando que:

• A Xunta está cumprindo os compromisos que os galegos respaldaron de forma maioritaria nas urnas;

• E que están enfocadas todas as liñas de actuación comprometidas no discurso de investidura do presidente Feijóo.

Cinco grandes obxectivos:

1. Que Galicia poida seguir blindando o seu autogoberno.
2. Que Galicia poida seguir sendo un referente de eficiencia en España.
3. Que Galicia poida seguir apoiando o seu futuro na cooperación, e non entorpecendo as súas posibilidades coa división.
4. Que Galicia poida seguir blindando o benestar da súa xente.
5. E que Galicia poida aproveitar o rigor consolidado nos últimos anos para que se incorpore nesta lexislatura á senda do crecemento.

1)  GALICIA: BLINDADO AUTOGOBERNO:

Fronte a outras autonomías que se ven abocadas á dependencia do resto do Estado para afrontar moitas das súas obrigas económicas, ou que se ven abocadas mesmo ao rescate, seguirase traballando para que Galicia siga dependendo de si mesma.

Deste xeito:

- Aprobouse o Proxecto de Lei de Orzamentos da Xunta para 2013 nun prazo de só 16 días hábiles dende a toma de posesión do Goberno.

- Acreditouse que o pasado ano Galicia volveu cumprir co déficit acordado no Consejo de Política Fiscal e Financeira e está en condicións de seguir facéndoo en 2013, como en 2009, en 2010, en 2011 e en 2012.

- Nestes cen días a Administración autonómica situouse no entorno medio de 50 días para o pago a provedores.

- Completouse practicamente todo o Programa de endebedamento para este ano 2013: no mes de xaneiro logrouse practicamente o necesario para todo o ano.

- Avanzouse no compromiso de reducir a dependencia da débeda, e os custes financeiros medran só un 10% en 2013, o menor crecemento de todas as comunidades, tres veces e medio menos que a media nacional.

2) GALICIA: CONTINUAR NA SENDA DA EFICIENCIA

Para lograr unha xestión máis eficiente:

- O Goberno galego é o máis reducido de todas as nacionalidades históricas e, segue avanzando na redución da estrutura da Xunta.
- Supresión de máis altos cargos: todos os membros do Goberno galego revisaron á baixa a composición dos seus departamentos.
- Avance no exercicio de transparencia practicado pola Xunta:

• Publicación na páxina web da Xunta das declaracións da renda  de patrimonio do presidente do Goberno galego.
• Publicación no DOG dos bens patrimoniais dos membros do Goberno.
• Axencia de Turismo (que unifica os tres departamentos existentes anteriormente neste eido)
• Fusión das Xestures
• Inicio da constitución da Corporación da CRTVG, que entre outras cousas permitirá reducir o seu consello de Administración.

- Continuouse na redución dos alugueiros da Xunta, que este 2013 permitirá aforrar máis de 1 M€.

- Dotación de máis profesionais estables nos servizos públicos:
• Toma de posesión do persoal dos grupos I a IV
• Aprobación da oferta pública de emprego na Administración Xeral e en Educación, como xa se fixera en Sanidade a finais da pasada lexislatura.

- Posta en funcionamento da Axencia Tributaria
- Contratación centralizada de materiais sanitarios:
• Contratación centralizada dos contrastes radiolóxicos.
• Participación no concurso – marco do Estado para a adquisición de diversas vacinas.
- Aposta pola eficiencia enerxética, que ten sido unha prioridade por exemplo na licitación dos servizos en distintos hospitais sanitarios (Burela, Barbanza Calde, Verín, Monforte, Ferrol, ou máis recentemente os servizos do hospital de Ourense).
- Aposta pola eficiencia a través das novas tecnoloxías:
• Aprobación da Lei de Telecomunicacións
• Inicio do plan de renovación dos sistemas de gravación de vistas nas sedes xudiciais.

3) GALICIA, MÁIS COOPERACIÓN

- Reforzo da cooperación cos concellos:

• Xestión da auga, avanzando nun protocolo para  o desenvolvemento do Pacto Local referido ao ciclo urbano da auga.
• Emerxencias. Posta en marcha dos grupos de emerxencias supramunicipais.
• Mobilidade. Incorporación de novos concellos aos Plans de Transporte Metropolitano da Coruña ou Santiago.

- Colaboración para actuar do xeito máis coordinado posible en caso de desafiuzamentos.

- Actualización de novos PXOM, aprobados nos casos de Camariñas, Mesía, A Coruña e Láncara.

- Fomento da cooperación entre os propios concellos:
• Todas as convocatorias de axudas deberán primar cunha maior puntuación as solicitudes presentadas conxuntamente por varios concellos.

- Cooperación co Goberno central:
• Xustiza: desbloqueo dun convenio que permitirá o desenvolvemento do expediente xudicial electrónico (5 M €).
• Innovación: Desbloqueo de recursos como xa se ten feito a través da Estratexia de Innovación (35 M €) ou da segunda convocatoria do Programa Feder – Interconecta (75 M €).
• Policía Autonómica: Desbloqueo da incorporación de novos efectivos, que sumará outros 50 axentes aos 90 novos efectivos que xa están traballando en Galicia dende o pasado ano.
• AVE: Desbloqueo de novos pasos para que sexa unha realidade. A semana pasada autorizouse un contrato das obras de montaxe das vías do Eixo Atlántico entre Vilagarcía e Padrón (47,5 M €).
• Estradas: Acordo para ampliar a AP-9 e rebaixar a peaxe no tramo Pontevedra – Vigo.
• Fondos europeos: Desbloqueo do presuposto comunitario respectando as expectativas de Galicia respecto á creación dunha rede de seguridade, tal e como se logrou no último Consejo Europeo.

- Colaboración cos grupos parlamentarios:
• Acordo para constitución dunha comisión de investigación sobre a xestión das caixas galegas e doutra de estudo para a prevención da corrupción.
• Calendario lexislativo para remitir á Cámara máis de 40 leis.

Nestes 100 primeiros días, xa se remitiron un total de 8: Lei do taxi, lei de Telecomunicacións, lei de Estradas, lei de Galeguidade, lei de Caza, lei de Innovación, lei de modificación dos horarios comerciais e lei de Universidades.

4) BLINDAR E MELLORAR O ESTADO DE BENESTAR

- Programa para que afectados por execucións hipotecarias poidan ser realoxados en vivendas de promoción pública que estean baleiras.
- Programa Aluga correspondentes a este 2013.

- Mellora da oferta social:

- Mellorar a calidade 

En garderías: Co inicio dos trámites para crear 1.563 novas prazas públicas, das 2.100 previstas para este 2013.
En residencias: Con 125 novas prazas públicas a disposición de persoas con algún tipo de dependencia.
Axudas aos máis desfavorecidos: cun 38 % máis de axudas para a RISGA ou ou 54% de incremento en axudas de integración social.
Pensionistas: Coa aprobación dunha paga extraordinaria de 206€ para os máis de 43.000 beneficiarios das pensións non contributivas. da Educación Pública.
Novo Decreto de Admisión de alumnos nos centros públicos e concertados.
Extensión dos contratos-programa, de xeito que o 30% dos colexios xa contan con este instrumento que permite a cada centro traballar de forma máis autónoma na loita contra o fracaso escolar.

- Mellorar a Sanidade Pública.

• Programa de detección precoz do cancro colorrectal
• Estratexia de atención á cronicidade en Galicia.
• Menos esperas: Hoxe os pacientes máis graves teñen unha
espera media duns 17 días ( 23 días menos que hai catro anos). E os pacientes graves agardan unha espera media de algo máis de 58 días (22 días menos que en 2008). Obxectivo no que se afondará cunha Lei de Garantías Sanitarias na que xa se comezou a traballar a finais da pasada lexislatura.

- Mellores infraestruturas sanitarias:

• O novo Hospital Público de Vigo, que conta cun plan de financiamento pechado.
• Ampliación do Hospital Público da Coruña, cuxa construción estase a axilizar.
• Ampliación do Hospital Público de Ourense, desbloqueada nos cen primeiros días a licitación.
• Inicio dos trámites para facer realidade a ampliación do Hospital da Costa.
- Avanzar no obxectivo da igualdade plena e efectiva entre mulleres e homes: Plan galego para a Igualdade entre mulleres e homes. Estratexia 2013- 2015, cun investimento de 200 millóns de euros en 320 actuacións.

5) IMPULSO ECONÓMICO

- Esta arranque de lexislatura ten servido para poñer de manifesto que Galicia:
• Volverá cumprir as esixencias de déficit
• Manterá a súa solvencia
• Blindará todas as súas prestacións públicas básicas
• Seguirá atenuando aquelas decisións nas que haxa marxe de manobra para as Comunidades
• Poñerá novos instrumentos para transitar cara o crecemento nesta lexislatura.

- Unha das principais novidades nestes cen días é a creación dun Fondo para o Crecemento, dotado con arredor de 386 M€, e que priorizará as medidas que responden aos obxectivos do Plan Estratéxico de Galicia.

- Medidas para frear o desemprego:

• Inxección económica de 40,4 M€, que permitirá a 14.000 persoas desempregadas beneficiarse de cursos de formación.
• Nova convocatoria para acreditar a experiencia profesional que teñen moitos galegos, pero que non ten recoñecemento específico
• Novo contrato de formación para  loitar contra o desemprego dos menores de 30 anos.

-- Apoio ao sector lácteo: Acordo co sector lácteo no que se plasmou o compromiso da Xunta de Galicia para adoptar as medidas precisas e facer as xestións oportunas que contribuíron a que o prezo do litro do leite en Galicia se incrementara un 10% nos últimos 2 meses.

- Apoio ao sector agrario: Cun convenio co Ministerio de Hacienda a través do cal Galicia incorporou ao Banco de Terras de Galicia máis de 6.000 hectáreas de fincas de propietario descoñecido.

- Apoio ao sector forestal: Por exemplo, avanzando na tramitación do Decreto de Instrucións para a Ordenación dos Montes de Galicia.

- Apoio ao sector acuícola: Por exemplo coa Declaración de Incidencia Supramunicipal do Plan Director da Acuicultura Litoral.

- Apoio ao sector naval: Convenio de colaboración con PYMAR que permitirá inxectar 60 M€ en avais.

- Apoio ao sector da automoción: Con máis recursos que melloren a súa competitividade como 1 millón de euros destinados a Ceaga recentemente.

- Apoio ao sector eólico: Con novos investimentos e cun recurso de Inconstitucionalidade ao Real Decreto-Ley aprobado polo Goberno Central que suprimiu as primas ás enerxías renovables.

- Apoio sector do Turismo: Coa creación da Axencia de Turismo e desenvolvendo novas accións de promoción (participación en Fitur).

- En materia de innovación:

• Posta en funcionamento da Axencia de Innovación,
• Segunda convocatoria do Programa Interconecta,
• Desbloqueo da Estratexia de Innovación,
• Nova liña de axudas para a innovación de pemes por 12 M€.

- En materia de internacionalización:

• Inclusión de 5 M€ nos orzamentos para a posibilidade dun dique
flotante en Navantia, que complemente os traballos coa petroleira PEMEX para o inicio da construción dos dous floteis previstos na Ría de Ferrol e na Ría de Vigo.

- En materia de emprendemento:

• Paquete de incentivos fiscais para os emprendedores,
• Inicio dos trámites para a aprobación da Lei do Emprendemento.