sábado, 16 de marzo de 2013

No Congreso do Partido Popular de Ourense


Celebramos hoxe o XVI Congreso do PP de Ourense, no que houbo 1016 votantes, dos cales 961 elixiron a Manuel Baltar como presidente provincial co 94,59% de apoyo.

O novo comité executivo do partido, de 79 membros, estará integrando maioritariamente por mulleres (51%). A renovación deste órgano foi do 60%, cunha media de idade de 45 anos e con o 65% de titulados superiores. Ademais, o 75% teñen experiencia na política local. 

O reelixido presidente do Partido Popular de Ourense, Manuel Baltar, anunciou no seu discurso xa como novo presidente do PPOU que o principal sinal de identidade do Partido Popular de Ourense "será a transparencia máxima"

Manuel Baltar presentou un programa que se titula "Máis partido, máis popular e máis Ourense" e que ten os seus cinco eixos baseados no cidadán, na participación, na organización, nos novos órganos e na estratexia, para, entre todos, seguir medrando en credibilidade e confianza, e fornecendo o noso partido. Un partido en clave de igualdade, transparente, municipalista e achegado aos cidadáns como ningún".

Reivindicou "a autoidentificación como o mellor sustento do galeguismo popular", e resumiu nunha frase os que considera dous grandes obxectivos político-sociais do PP de Ourense: "Popularizar o galeguismo e galeguizar a modernización".

En clave económica, Manuel Baltar afirmou: "É o tempo da política pegada á realidade. O tempo de encontrar solucións e non de crear novos problemas", engadindo que o noso maior adversario é a crise. "A crise que fai que milleiros dos nosos veciños estean pasándoo mal, cidadáns que esperan que saiamos desta reunión cun proxecto político renovado que repare esa situación. Cidadáns que deben crer en nós, que pedimos a súa confianza. Salgamos, pois, hoxe deste pavillón convencidos do noso papel na recuperación socio-económica". 

Referíndose ao paro, destacou que hoxe "temos unha gran obriga ante o gravísimo problema do desemprego, pois hai máis de 30.000 ourensáns parados. Tantas familias sen ingresos, deben facer da xeración de emprego o eixo fulcral da nosa acción política". "Por iso -subliñou- dende as administracións que gobernamos grazas ao apoio electoral temos que ser quen de promover as condicións para a creación de postos de traballo. Velaí como debemos actuar para "parar o paro". Paralo para darlle a benvida á prosperidade e á recuperación económica".

Pechou o Congreso o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, quen felicitou ao dirixente ourensán polos resultados obtidos e polo seu traballo á fronte do partido na provincia, que ten sido fundamental nas eleccións, tanto nas autonómicas de 2009, como nas municipais e xerais de 2011 e nas últimas autonómicas de 2012.

Deu as grazas aos membros do partido na provincia por demostrar en cada acto que todas as enerxías do PP, todo o esforzo e todas as esperanzas están ao servizo dos cidadáns, para dar resposta ás súas necesidades e para acabar coa crise.

Feijóo subliñou que os galegos ven no PPdeG un partido unido que só se alía con eles. Por iso, hai catro anos e tamén hai cen días os cidadáns depositaron a súa confianza nos populares para avanzar xuntos na busca de solucións e sen a división que se tiña instalado en Galicia.

Subliñou que a Xunta loita cada día por parecerse aos galegos e á súa maneira exemplar de afrontar as dificultades para saír desta crise máis forte, algo que se conseguirá se todos estamos unidos e non se desaproveita a valía dos galegos con desputas que non benefician a ninguén.
Así, Galicia está loitando contra o problema do déficit e sairá desta crise cunhas contas máis fortes contra as adversidades. De feito, xa é referente de solvencia desde 2009 e volverao ser este ano.

Feijóo asegurou que o modelo do PPdeG é Galicia e o seu compromiso é a comunidade, e por ela seguirán traballando para superar todas as dificultades e seguirán controlando as contas, fronte ás críticas que profiren aqueles que agravaron a crise coa súa nefasta xestión.

Para o presidenete do PP de G, é sorprendente que os mesmos que quebraron os servizos públicos neguen os esforzos que se está a facer para blindalos; e que todos aqueles que miraron para outro lado mentres se emitían sen control preferentes e ignoraron as dificultades de sectores estratéxicos agora utilicen o sufrimento dos afectados no seu propio beneficio.

Neste senso, Feijóo remarcou que o compromiso dos populares é Galicia e por ela seguirán apostando por mellorar a sanidade, a educación e os servizos sociais públicos e seguirán a carón dos cidadáns cunha política coa que se sintan identificados.