Entrevistado na Radio Galega


Hoxe fun entrevistado na Radio Galega no programa “Galicia por Diante”.

Abordamos cuestións relativas a reunión dos xefes de Estado e de Goberno da Unión Europea para pechar un presuposto para os próximos sete anos e na que parece que España contará, en principio, con 500 millóns de euros máis para o desenvolvemento rural e que se contempla un fondo novo, reclamado por España, para loitar contra o paro xuvenil.

Falamos tamén do importante papel que desenvolven os deputados populares galegos no Congreso, e tamén do contido do traballo parlamentario, as veces moi decoñecido.

Tamén fun preguntado polo futuro Congreso do PP de Ourense que terá lugar en datas próximas no que opta a reeleción o presidente  actual  e dixen que confiaba que elaborara unha candidatura integradora plural e representativa do conxunto do partido.

 Resaltei que os Partidos políticos son intrumentos democráticos para traballar en beneficio da sociedade e polo tanto que traballar xuntos sempre é beneficioso. E que as diferenzas sobre aspectos concretos existen en todalas organzacións, nos paridos, nas empresas e mesmo nas familias e que o razoable e superalas en torno a un ben común.

Tamén fun preguntado polos ruxerruxes dun eventual salto de Alberto Núñez Feijóo á política estatal. Dixen que eran faladurías dos cronistas políticos, e que o compromiso electoral do presidente feito cos galegos nas últimas autonómicas é indiscutible. Ao mesmo tempo sinalei que "Feijóo ten enorme prestixio como xestor e político serio", e é que iso é recoñecido por todos.

Tamén falamos de infraestructuras e resaltei o compromiso da ministra de Fomento con Galicia, en concreto co AVE. "Os treitos máis difíciles da alta velocidade como Lubián-Ourense están en obras, a inmensa maioría, obras inxentes que están proporcionando emprego e movemento económico".


http://www.crtvg.es/rg/destacados/galicia-por-diante-galicia-por-diante-do-dia-08-02-2013-526439

Con la tecnología de Blogger.