O acordo acadado polo Consello Europeo para o orzamento 2014-2020 recolle a ‘rede de seguridade’ proposta por Galicia



Convén salientar tamén que no Consello Europeo celebrado onte en Bruxelas, no que os “Vinte e sete” acadaron un acordo para o orzamento comunitario 2014-2020, recóllese que as rexións que abandonan por primeira vez o Obxectivo Converxencia, como é o caso de Galicia, manterán a tensión impulsora que lles viñeron prestando as políticas de cohesión.


Así o expresaron onte pola tarde o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, que compareceron en rolda de prensa para facer unha valoración do acordo.



Segundo explicaron as rexións consideradas “de transición” manterán o 60 por cento das axudas europeas que viñan recibindo, o que supón ás arcas autonómicas máis de 2.000 millóns de euros que contribuirán a consolidar os investimentos xa en marcha e lograr unha converxencia real e irreversible co resto de Europa.



Rueda cualificou esta decisión como unha “excelente noticia”, xa que o Goberno galego leva anos traballando para defender esta “rede de seguridade”. Ademais, no caso galego é especialmente significativo, xa que ao superar o 90 por cento de renda media, Galicia entraría a formar parte das rexións máis desenvolvidas lle correspondería unha cantidade moi inferior de fondos estruturais.



Parabéns a Xunta que ve neste acordo un recoñecemento a todo o traballo realizado estes anos, recadando apoios doutras Comunidades Autónomas e rexións europeas incluídos landers alemáns- na mesma situación; así como do Goberno central e dalgúns dos principais responsables políticos europeos, como o presidente da Comisión, Durao Barroso, ou o vicepresidente e comisario responsable de Competencia, Joaquín Almunia.



Con la tecnología de Blogger.