Posta a disposición das familias de case 6.000 vivendas


Hoxe tivo lugar  o acto de firma do Convenio para o Fondo Social de Vivendas (FSV) destinadas ao aluguer, nun acto presidido pola Vicepresidenta Soraya Saénz de Santamaría.


O convenio conta co respaldo dos ministerios de Economía e Competitividade, Sanidade e Servizos Sociais, e Fomento, así como do Banco de España, a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), a Plataforma para o Terceiro Sector (Organizacións non Gobernamentais) as patronais bancarias e 33 entidades de crédito. 

A posta en marcha do fondo dá cumprimento a encoménda ao Goberno incluída no Real Decreto-lei 27/2012 sobre medidas urxentes para reforzar a protección de deudores hipotecarios. 

Na súa intervención, Soraya Sáenz de Santamaría, destacou que se poñerán case 6.000 vivendas a disposición de moitas familias que "están padecendo os rigores dunha crise demasiado longa". 


 Este convenio, pretende paliar a situación daquelas persoas que confiaron no futuro, investiron para sacar adiante ás súas familias e ás que as cousas non lles foron ben non pola súa irresponsabilidade senón porque a conxuntura económica non era a desexada e perderon o que tiñan. 

A Vicepresidenta subliñou que nunha situación de crise como a actual as familias teñen dereito a volver empezar e a ter unha vivenda digna onde criar aos seus fillos: "fomos xustos e equitativos e traballamos para dar unha segunda oportunidade moito máis que merecida a todos os que arriscaron por España, pola súa familia e non puideron saír adiante". 

Considerou que a posta a disposición das familias de case 6.000 vivendas non supón un esforzo excesivo para as entidades financeiras, senón que supón un esforzo solidario e conxunto dun país que quere que as familias teñan nun fogar que lles faga sentir a cobertura e protección dos poderes públicos. 

Soraya Sáenz de Santamaría  tamén comprometeuse a facer un seguimiento da entrega de chaves do Fondo ás familias afectadas por desahucios: "Quero saber mes a mes si esas chaves son de verdade a porta da esperanza".


Sen dúbida unha boa e agardada noticia para tantas familias en situación de extrema necesidade.

Con la tecnología de Blogger.