O primero día de 2013

 
Hoxe é o primeiro día dun novo ano e dediquei varias horas a preparar a Rolda de prensa que mañá mércores ás 10.30 horas, na sede do Partido Popular de Ourense daremos os deputados e senadores do PPOU acompañando ao presidente provincial, Manuel Baltar, para valorar o primeiro ano de Goberno do Partido Popular e as perspectivas fixadas para 2013.

Faremos unha referencia a incidencia das  políticas gubernamentais na provincia de Ourense.

Explicaremos que a fiinalidade de toda a axenda reformista levada a cabo polo Executivo dirixiuse a sentar as bases para un crecemento estable e sostible da nosa economía no futuro.

Neste sentido de non emprender esas reformas España e os españois estariamos hoxe nunha situación moitísimo peor.
Como dicía o pasado venres Mariano Rajoy, queda por diante un ano moi duro, especialmente na súa primeira metade pois a economía española seguirá en recesión algún tempo aínda que esperamos que mellore na segunda metade do ano.
Con la tecnología de Blogger.