miércoles, 2 de enero de 2013

Roda de prensa de balance do primeiro ano de goberno de Rajoy


No primeiro día hábil do ano demos unha roda de prensa na sé do PP de Ourense, o Presidente provincial, Manuel Baltar, os tres deputados (Ana Vázquez, Guillermo Collarte e máis eu) e tres dos senadores (Miguel Pérez, Juan Jiménez y Francisco Fernández.

Tratábase de facer balance da acción do Goberno deste primeiro ano da lexislatura.

Manuel Baltar citou como gran obxectivo saír da crise. Lembrou que se puxeron en marcha grandes reformas a prol da estabilidade financieira e da reestructuración de diversos sectores e agradeceu expresamente á sociedade ourensá a súa comprension polos sacrificios.

Ademáis, sinalou que “o apoio popular se viu corroborado co das eleccions autonomicas: teriamos os mesmos representantes en Madrid extrapolando os datos da provincia nas pasadas Eleccións Autonómicas”.

 Despois foi o meu turno en nome de todos os parlamentarios e comecei citando unhas frases de Rajoy:

”Non hai solucións fáciles para situacións difíciles, nin cataplasmas para curar os males da economía española. Non poderá haber recuperación económica si non se sentan as bases que a fan posible. Todo o demais é faltar á verdade.

Ese é o mellor resumen que podemos facer do ano 2012: un ano difícil, un ano de esforzos e de grandes sacrificios, un ano sen froitos palpables para o cidadán do montón.

Pero, a longo prazo, un ano que quedará como o ano no que puxemos os cimentos da nosa recuperación, uns alicerces sen os cales a economía española non podería poñerse en pé”


Afirmei que certamente as cousas foron máis difíciles do que se esperaba e que nunca imaxinamos que atoparíamos semellante deterioro nas contas públicas, tal desviación do déficit. Foi a necesidade de corrixir esa desviación, unida á recesión, o que nos obrigou a realizar axustes inmediatos en ingresos e gastos para compensar o desequilibrio de 30.000 millóns euros.

E por iso tiveron que adoptarse, desde o principio medidas extraordinarias "dolorosas”, pero equitativas (como incrementar o imposto da renda aos que máis gañan ou diminuír o gasto dos ministerios máis de 25%) para reducir o déficit.

Afirmei que o Goberno do PP dedicouse neste primeiro ano a actuar sobre os problemas máis urxentes da economía española:

- O control do déficit público: c
oa aprobación da Lei de Estabilidade Presupuestaria e Sostibilidade Financeira  sentamos as bases para que non se volva a repetir nunca máis o ocorrido. E mediante un proceso de reforma integral do sector público e as subidas de impostos e a loita contra a fraude.

- Reforma do sistema financeiro.
 
-  A rixidez do mercado laboral.
 
- E a morosidade e falta de liquidez das Administracións Públicas.

En definitiva cometeuse "a máis ambiciosa e intensa axenda de reformas que se emprendeu en España nos últimos anos"

Dixen que a finalidade de toda a axenda reformista levada a cabo polo Executivo se dirixiu a sentar as bases para un crecemento estable e sostenible da nosa economía no futuro.

Afirmei que si non emprendesen esas reformas España e os españois estariamos hoxe nunha situación mitísimo peor. Actuouse para manter os alicerces do noso sistema de protección social: pensións, educación, sanidade e de desemprego

Recordei que se actuou para gañar competitividade na economía española, por exemplo coa reforma da Administración, a reforma enerxética, a Lei de Transparencia, entre outras.

Recoñecín que temos aínda por diante un ano moi duro, especialmente na súa primeira metade, pois a economía española seguirá en recesión algún tempo aínda que esperamos que mellore na segunda metade do ano.

Dixen que non estamos onde quixésemos estar, pero, grazas á corrección de rumbo, grazas aos sacrificios realizados, non nos vemos agora obrigados a enfrontarnos a problemas maiores.

Eloxiei á sociedade española e en particular á ourensana pola forma en que está afrontando estes tempos de crises, e recoñecemos de forma especial os sacrificios feitos polos funcionarios públicos e os pensionistas.

E pedín "comprensión e solidariedade" aos cidadáns; comprensión para aplicar unhas medidas que a ninguén gustan pero que son imprescindibles e solidariedade para entender que todos temos que aportar algo do sacrificio común para remontar os nosos problemas.

A continuación logo desta visión xeral referinme á repercusión da acción de goberno na provincia de Ourense, utilizando catro indicadores

Orzamentos Xerais do Estado: Recordei que o Goberno de Rajoy tivo que ocuparse en doce meses de que foran aprobados polas Cortes dous Orzamentos Xerais do Estado. Os do ano 2012 e os do 2013.

Os PGE do 2012 aprobados no mes de abril dese ano acreditaron dun modo impresionante o compromiso do Goberno con Ourense pese á crise. Destaquei o aumento do investimento total do conxunto de ministerios e sociedades en Ourense, que se elevou a 759.002,44 M€, un 201,49 % máis dos 251.753,26 M€ presupostados o ano 2011 polo goberno socialista.

Os PGE 2013 aprobados en decembro e nos que Ourense recibe 550 millóns, o 42,18% do investimento do Estado en Galicia. Uns orzamentos nos que a pesar do compromiso irrenunciable do Goberno de recortar o déficit do conxunto das Administracións Públicas en 2013 ata o 4,5 por 100 do PIB mantéñense os compromisos con Ourense.

Resaltei que nos PGE de 2013 o investimento per cápita do Grupo Fomento en Ourense é máis de 9 veces superior á media nacional, sendo a 2ª provincia con maior investimento per cápita de Fomento a nivel estatal, 3,4 veces superior á media nacional, e a de maior volume de investimento da CC.AA.

Plan de pago a proveedores: Recordei que o Goberno de Rajoy puxo en marcha algo que era moi difícil e complexo, unha operación que non se levou nunca no noso País para que as Administracións pagasen as facturas aos proveedores. Inxectáronse 27.000 millóns de euros na economía española e iso aliviou a situación de débeda de moitas Comunidades Autónomas e Administracións locais pero, sobre todo, aliviou a situación de moitas empresas do noso país que non cobraban da Administración. Estímase que este plan permitiu salvar 100.000 empregos.

Na provincia de Ourense, a Deputación Provincial acolleuse a este Plan (con 4 millóns de €) e 56 concellos puideron pagar as súas débedas por importe de 32 millóns de euros, dun total de 25.743 facturas a 1.704 proveedores, dos cales 495 eran persoas físicas, 1.138 pymes e 71 grandes empresas.

Pensións: Dixen que a primeira medida que tomou Mariano Rajoy foi implementar reformas e en 2012 todas as pensións revalorizáronse nun 1%.

Aprobouse a revalorización un 1% de todas as pensións á que adicionalmente sumarase un 1% para pensións inferiores a 1.000 euros. 

Afirmei que en 2013 a maioría de pensionistas do Estado (case o 75 %) veran revalorizadas as súas pensións un 2%.

En Ourense, a decembro de 2012 dos 109.118 pensionistas, un total de 97.526 que cobran menos de 1.000 € (o 89,3 %) verán revalorizadas as súas pensións nun 2 % e 11.592 restantes que cobran máis do 1.000 € (10,7 %) verán revalorizada a súa pensión nun 1 %.


Critiquei que o PSOE, que conxelou as pensións, votase agora no Congreso contra a súa revalorización e recordei que a primeira medida do Goberno socialista para reducir o déficit público foi conxelar as pensións (Real Decreto-lei 8/2010, de 20 de maio, polo que se adoptan medidas extraordinarias para a redución do déficit público). Conxeláronse as pensións a 6,1 millóns de pensionistas, o que supuxo que perdesen durante o ano 2011 un 2,9% de poder adquisitivo.

Dixen que cando eles gobernaban conxelaron as pensións, e agora que están na oposición suscitan un recurso de inconstitucionalidade contra un goberno que incrementa todas as pensións.

Tamén recordei que os socialistas deixaron o sistema de Seguridade Social cun déficit de 7.900 millóns de euros e que entre 2008 e 2009 o goberno socialista deixou de ingresar ao fondo de reserva 14.000 millóns de euros.

Terminei dicindo que cumprir os obxectivos de déficit público e as reformas para o emprego son a mellor garantía das pensións de mañá e que o Goberno do Partido Popular demostrou que non era necesario conxelar as pensións. Con austeridade noutras partidas e reformas foi posible incrementar na medida do posible todas as pensións.

Outras actuacións inversoras: Logo referinme a título de exemplo a determinadas actuacións de 2012 na provincia. 

- EDAR de Ourense: Dixen que o 20 de decembro de 2012 o consello de administración da sociedade estatal Acuanorte formalizó a adjudicación da nova estación depuradora de Reza a unha unión temporal de empresas que se encargará de executar a obra que ten un orzamento é de 36,5 millóns. 

- Arquivo e a Biblioteca Pública de Ourense: Recordei que o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte contempla nos PGE de 2013 un investimento de 2 millóns de euros e que o Consello de Ministros autorizou o 7 de decembro de 2012 a celebración do contrato para a realización das obras que permitan terminar a construción e rehabilitación.

- Circunvalación de O Barco: dixen que o Ministerio de Fomento con data 29 de outubro de 2012 resolveu a adjudicación do contrato para a redacción dos proxectos de trazado e construción da conexión entre as estradas N-120 e N-536. Tramo: Sobradelo - O Barco de Valdeorras. Un vial moi necesario para mellorar a seguridade vial e descongestionar a capital de Valdeorras do tráfico pesado de camións que trasladan a pizarra desde as canteiras existentes na comarca ata a estrada nacional 120.

- AVE Olmedo-Zamora-Lubián-Ourense: Destaquei o esforzo presupuestario en 2012 e 2013:

Nos PGE para 2012 polo que se refire a alta velocidade ferroviaria, asignáronse 701,43 millóns ao tramo Lubián-Ourense. Eiquí detívenme para recordar as réplicas que tivemos que dar aos ataques recibidos por parte de insolidarios políticos doutras latitudes, especialmente de CiU que cuestionaban a cantidade prevista para investir no AVE galego.

- Nos PGE para 2013, mencionei que o investimento previsto para alta velocidade nesta provincia é de case 497 M€.

- Sobre as licitaciones e adxudicacions en 2012 nesta conexión, destaquei que a súa importancia faina irreversible. En licitaciones: 1.068,90 millóns de € e en adxudicacions: 1.850,21 millóns de €

Tamén me referín aos niveis de execución orzamentaria de dous anos recentes da xestión do anterior goberno socialista, tendo en conta que se critica por baixa a hipotética execución do ano 2012 cifrándoa nun 60 % (dato como digo suposto e que non se coñecerá ata vencido o primeiro trimestre de 2012)

Dixen que na Lei de PGE para 2009, consignábase para SEITTSA con cargo ao proxecto entre Lubián-Ourense (provincia de Ourense) nada menos que 250.000.000 €. A realidade é que aquel ano 2009 concluíu cunha execución de 2.035.000 € (0,80 %) e Fomento deixou sen executar nada menos que 247.965.000 €.

- Na Lei de PGE para 2010 contemplábase en ADIF o proxecto de investimento LAV Olmedo-Lubián-Ourense (Provincia de Ourense) e consignábase unha partida de 36.000.000 €, pero logo resultou que en 2010 ADIF non gastou 32.765.000 € (o 91%) e só gastou 3.235.000 € (o 9%)

E pregunteime: ¿Como pode falarse con seriedade de que un 60 % de execución do PGE de 2012 é pobre, cando os socialistas acreditaron porcentaxes do 0,80 % (2009) e do 9,00 %(2010)?