lunes, 21 de enero de 2013

A necesidade duna profunda e exhaustiva investigación

Na  roda de prensa posterior ao Comité Executivo Nacional do PP celebrado esta mañá en Madrid a secretaria xeral María Dolores Cospedal, anunciou que o presidente  Mariano Rajoy, deu instrucións para que se abra "unha profunda e exhaustiva investigación interna sobre as finanzas do partido e sobre o modo de retribución do persoal do PP". Unha vez que se termine esta análise, os resultados someteranse a unha nova auditoría, esta vez externa, que se elaborará por parte dunha "das principais empresas do sector".
A secretaria xeral detallou que a investigación interna será dirixida pola actual tesorera nacional, Carmen Navarro, "cos equipos que ten á súa disposición e coa asesoría xurídica do noso partido", e a intención é que estea completada canto antes.

A continuación, os resultados faranse públicos e trasladaranse á empresa que se faga coa auditoría externa, que "terá á súa disposición todos aqueles documentos, informacións e declaracións que necesiten para realizar esa auditoría na forma máis pertinente".

Do mesmo xeito, o ministro de Facenda e Administracións Públicas, Cristóbal Montoro, comparecerá a petición propia no Congreso dos Deputados para explicar o procedemento de regularización fiscal aberto no exercicio pasado.

Celebro que desde o PP reaccionarase con celeridade e contundencia suscitando medidas tanto internas como externas.

  Os  cidadáns teñen dereito a saber a verdade e os políticos temos o deber de contribuír a esclarecer esa verdade.