Hoxe foi un día moi importante para as infraestruturas ourensans, coa posta en servizo da Autovía AG-31 Ourense-Celanova que beneficiara de forma directa ás case 200.000 persoas que viven nas comarcas desta zona.
Unha gran obra executada por duas empresas da provincia, COPASA e EXTRACO que supón, amais, maior seguridade, ao evitar o paso por máis de 10 quilómetros de travesías e permite aforrar de media un 40% de tempo entre Ourense e as Terras de Celanova, ao pasar dos 25 minutos actuais a 15 minutos a partir de agora.
Presidiu o acto, Alberto Núñez Feijoo que dijo que “Isto supón un gran fito, xa que nunha lexislatura marcada pola crise económica puxemos a funcionar 120 quilómetros de vías de alta capacidade. Pero supón, tamén, -engadiu- outro compromiso que é que nesta lexislatura que comeza a finais do ano 12 e que finalizará no ano 16, poñamos a funcionar en Galicia outros 110 quilómetros de vías de alta capacidade”.
Feijoo grantiu o compromiso da Xunta de seguir cohesionando o territorio; “de vertebrar, de unir a Galicia nun concepto global e facer esa Galicia única”. E, neste senso, afirmou que Lugo e Ourense seguen a ser actuacións prioritarias: “A primeira provincia en investimento por habitante, neste presuposto do ano 2013, sigue sendo Ourense e Lugo, a segunda. Estamos a falar dun investimento dun 50% máis por habitante do que se inviste nas provincias atlánticas”.
Nesa liña, destacou que o Plan Impulsa Ourense ve incrementado este ano o seu orzamento un 13%, ata os 80 millóns de euros; e avanzou que o Goberno galego seguirá investindo, tamén, nas infraestruturas tecnolóxicas, como é o Plan de Banda Larga.
Sala de pantallas da AG-31 |
Parabens a tdos, especialmente años habitantes desta comarca de Celanova.