domingo, 27 de enero de 2013

A vindeira semana haberá Pleno en sesión extraordinaria

A vindeira semana o Pleno do Congreso dos Deputados reúnese a partir do mércores, 30 de xaneiro, en sesión extraordinaria para acoller a sesión de control ao Goberno, decidir sobre o despregue de tropas en Mali, convalidar o Real Decreto Lei de mellora de xestión e protección no sistema especial para empregados do fogar e debater as enmendas de totalidade ao proxecto de lei de medidas para protexer aos deudores hipotecarios.

A sesión plenaria comezará ás 9,00 coas preguntas ao presidente do Goberno, Mariano Rajoy, e ao resto dos membros do Goberno que formulen os grupos parlamentarios. Este punto da orde do día fixarase na reunión da Diputación Permanente prevista para o martes, 29 de xaneiro, ás 13,00 horas.

A continuación, debaterase, de acordo coa Lei de Defensa Nacional, a solicitude de ratificación do acordo do Consello de Ministros adoptado o pasado día 18 de xaneiro polo que se autoriza o despregue de unidades militares no marco da crise de Mali.

A Cámara decidirá tamén a convalidación ou derrogación do Real Decreto-Lei 29/2012, de 28 de decembro, de mellora de xestión e protección social no Sistema Especial para Empregados de Fogar e outras medidas de carácter económico e social.

Para rematar, celebrarase o debate de totalidade sobre o proxecto de lei de medidas urxentes para reforzar a protección aos deudores hipotecarios (procedente do Real Decreto-Lei 27/2012, de 15 de novembro).