Avanzan os contratos navais con México

Esta mañá con ocasion do acto inaugural da AG-31 o  presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, afirmou que as xestións diplomáticas do Goberno no Cume de Chile están "fructificando" para que Pemex e os asteleiros galegos poidan construír, a través dun contrato coa Armada mexicana, "oito embarcacións íntegramente en Galicia e "ata un total de 25" a través da "colaboración" entre "os asteleiros galegos e mexicanos".

En directo puiden escoitar como Feijóo agradeceu a acción diplomática do Goberno de España no Cume de Chile co goberno mexicano despois de que pasasen unha nota ao Palacio da Moncloa e ao Ministerio de Exteriores para que aproveitasen este cume para lograr dúas cousas.

  Manifestou que o primeiro obxectivo en devanditas xestións era solicitar facilidades para que un asteleiro galego de Ría de Vigo que ten a adxudicación dunha flota poida empezar,  malia que ten dificultades para obter un aval.

 O segundo obxectivo era impulsar un contrato coa Armada mexicana, Pemex e os asteleiros galegos para que a flota de Navantia póidase empezar de forma inmediata coa construción de oito embarcacións en Galicia e ata 25 en colaboración cos asteleiros mexicanos.          

Celebro estas declaracións, que van na mesma liña que as miñas manifestacións fai unha semana na Deputacion Permanente do Congreso.

http://www.crtvg.es/informativos/feijoo-confirma-novas-encargas-de-mexico-para-o-naval-galego-518798

Con la tecnología de Blogger.