domingo, 27 de enero de 2013

Galicia blinda os seus pagamentos para 2013

Nesta semana que remata tivemos a boa nova de que o Goberno galego completou con éxito e en catro días hábiles a colocación dos 1.024 millóns de euros de débeda autorizados polo Consello de Ministros, polo que blindou os seus pagamentos para 2013.

Esta inxección de liquidez garante a prestación dos servizos públicos esenciais e permite descartar que a comunidade autónoma teña que acudir este ano ao Fondo de Liquidez Autonómica (FLA), ao igual que xa fixo o ano pasado.

Informou a titular de Facenda que a maior parte desta cantidade foi distribuída entre investidores internacionais e que a Comunidade galega tivo unha demanda moi superior á cantidade que podía formalizar.

Para Elena Muñoz Fonteriz debe atribuirse  esta alta demanda á fiabilidade e confianza que xera Galicia entre os investidores pola solvencia, rigor e sostibilidade das súas contas. 

Asi que debemos celebrar que Galicia sexa a autonomía máis solvente de España.

O endebedamento controlado e o medio para blindar o Estado do Benestar e garantir os servizos públicos que todos ansiamos.

Noraboa a Feijoo e todo o seu equipo económico.