Sobre o Plan de racionalización dos servizos de transporte ferroviario de viaxeiros de media distancia


O Consello de Ministros reunido hoxe aprobou un plan de racionalización dos  servizos de transporte ferroviario de viaxeiros de media distancia  que estarán financiados polo Estado, sendo declarados como  obrigación de servizo público (OSP)

A través deste plan, o Goberno  garante os servizos públicos de transporte de viaxeiros de interese  xeral, así como o dereito á movilidade de todos os cidadáns, vivan onde vivan.

O Ministerio de Fomento, en cumprimento do Real Decreto Lei  22/2012, de 20 de xullo, estableceu un plan de racionalización dos  servizos de media distancia, que se implantará en varias fases e  definirá os servizos que se rexerán por obrigacións de servizo público.

Para dar cumprimento a este mandato, o criterio fundamental e  irrenunciable do Ministerio é garantir o dereito á movilidade do  cidadán, dentro dunha oferta intermodal que combine servizos  ferroviarios de media distancia e servizos regulares de transporte por estrada. 

Apostarase por aquel modo que sexa máis eficiente en cada  caso e aquel que supoña un menor custo para o cidadán, e garantiranse os maiores estándares de calidade e seguridade na  prestación do servizo.


PLAN DE RACIONALIZACIÓN

O Ministerio informa que acomete este plan sobre a base de estudos  rigorosos e datos obxectivos, nun proceso transparente, tras manter reunións coas comunidades autónomas e con representantes  das organizacións sindicais do sector.

Garántense os servizos públicos, aínda que cunha racionalización do  gasto, xa que a situación económica esixe eficiencia no uso dos  recursos públicos.

O criterio xeral adoptado é a declaración como obrigación de servizo  público de todas as relacións cun aproveitamento  superior ao 15%. No entanto, algunhas nas que este se sitúe entre o 10  e o 15% tamén poderán declararse como OSP, tendo en conta  criterios de cohesión e vertebración territorial.

Compatibilízase a racionalización do gasto coa continuidade dos  servizos, aproveitando sinerxias. Deste xeito, trens de longa  distancia poderán prestar cobertura a estes usuarios, e noutros  traxectos poderán substituírse con transporte en autobús. Con iso, lógrase un mellor axuste que permite manter as oportunidades de viaxe. 

Xunto a iso, outras das medidas que se poñerán en marcha serán mellóras dos horarios ou o uso de trens máis pequenos.

O Plan de racionalización de servizos supoñerá un aforro progresivo ata alcanzar en 2015 os 51 millóns de euros anuais de custos  directos. 



EFICIENCIA

O plan do Ministerio desenvolveuse seguindo criterios obxectivos de eficiencia  social, medioambiental e económica.

Na actualidade hai servizos ferroviarios que mostran importantes  ineficiencias. O 51,7% dos trens destínanse a cubrir servizos que  só utiliza un 16% dos viaxeiros e presentan un aproveitamento  inferior ao 15%.

Nestes servizos de menor aproveitamento, danse casos nos que  o Estado chega a aportar ata 371 euros por billete, fronte aos 11  euros que paga o viaxeiro.

PRAZOS

Establécese un prazo de seis meses para a aplicación deste  acordo e as OSP revisaranse cada dous anos.

Fomento deberá formalizar antes do 30 de setembro de 2013 con Renfe  Operadora o contrato de servizo público no que se reflictan  as condicións en que se haberán de exercer ditas obrigacións de servizo,  así como os mecanismos para a súa compensación.

Informase que no caso de que algunha comunidade autónoma tivese interese na  prestación dun servizo ferroviario de viaxeiros sobre algunha das  relacións que non foron declaradas de obrigación de servizo público  pola Administración Xeral do Estado, dita comunidade autónoma  poderá formalizar o correspondente contrato con Renfe Operadora  asumindo o financiamento do déficit de explotación de devandito servizo.

Doutra banda, Renfe Operadora continuará prestando os servizos de media  distancia sobre a rede de altas prestaciones (Avant) nas  mesmas condicións que o vén facendo na actualidade e antes do  30 de xuño de 2013 o Consello de Ministros definirá que servizos Avant resulta pertinente suxeitar a tales obrigacións para mellorar a  eficiencia e sostenibilidade do sistema de transporte.

Ademais, Renfe Operadora continuará prestando desde o 1 de xaneiro  de 2013 os servizos ferroviarios de transporte de viaxeiros sobre a rede  de ancho métrico que na actualidade presta Feve, en virtude da  súa integración nesa data.

Antes do 30 de xuño de 2013, o Consello de Ministros definirá que  servizos resulta pertinente suxeitar a obrigación de servizo público para  mellorar a eficiencia e sostenibilidade do sistema de transportes.

Este plan aprobado hoxe no Consello de Ministros forma parte do proceso de reorganización e optimización dos servizos ferroviarios que se vén desenvolvendo en 2012 e que  inclúe a redución de gastos correntes, adelgazamiento da  estrutura directiva e mellora da política comercial.

ANEXO I

Relación de servizos ferroviarios de viaxeiros de media distancia  competencia da Administración Xeral do Estado, prestados sobre   a Rede Convencional (que afectan á Comunidade autónoma de Galicia), que quedan suxeitos a obrigación de servizo público

- A CORUÑA-FERROL
- A CORUÑA-LUGO-MONFORTE
- A CORUÑA-SANTIAGO DE COMPOSTELA
- A CORUÑA-VIGO
- MONFORTE-A CORUÑA
- PONTEVEDRA-VIGO
- SANTIAGO DE COMPOSTELA-OURENSE
- SANTIAGO DE COMPOSTELA-OCARBALLIÑO
- SANTIAGO-VIGO
- VIGO-OURENSE
- VIGO-OURENSE-MONFORTE-PONFERRADA 






(A única que non se declara suxeita a obrigación de servizo público é a relación Ourense-Puebla de Sanabria, que segundo o estudo do Ministerio de Fomento, realizado por Ineco, transportou en 2011 nove mil viaxeiros cun aproveitamento de tan só o 4,2%. Dí o estudo que oss seus ingresos de 37.400 euros só cubriron o 2,9% dos custos, cifrados en 1.242.000 euros anuais; e que por cada viaxeiro que se sobe a ese tren polo que paga 11,10 euros por billete, o Estado paga máis de 371 euros. 

Esta relación así como outras 29 no resto de España que non foron declaradoas como OSP, terán que ser cubertas por transportes alternativos, garantindo a alternativa de transporte por autobús, o que se definirá nos próximos seis meses, en coordinación coa Xunta de Galicia. Agardemos pois nestes vindeiros meses a búsqueda dunha axeitdada solución para as localidades ourensans desta liña que agás A Gudiña quedarían afectadas)

ANEXO II



Relación de servizos ferroviarios de viaxeiros de Media Distancia  competencia da Administración Xeral do Estado, que discorren   pola Rede de Altas Prestacions (que afectan á Comunidade autónoma de Galicia), prestados por RENFE-Operadora á data de aprobación do presente Acordo de Consello de Ministros. 

- OURENSE-SANTIAGO-A CORUÑA


ANEXO III 

Relación de servizos ferroviarios de viaxeiros que discorren sobre a rede  de ancho métrico (que afectan á Comunidade autónoma de Galicia) prestados por FEVE á data de aprobación do presente Acordo de Consello de Ministros 

- LIÑAS DE PROXIMIDADE: FERROL-ORTIGUEIRA


- LIÑAS DE REXIONAIS: FERROL-XIXÓN-OVIEDO

Con la tecnología de Blogger.