Compromiso do Goberno co turismo, o principal motor da economía


Hoxe asistín en Madrid a dúas sesións da Comisión de Industria, Enerxía e Turismo, da que son vocal. 

Na primeira demos o visto bo ás propostas de nomeamento de Fernando Martí Scharfhausen, como presidente do Consello de Seguridade Nuclear, e de María Cristina Narbona Ruiz, como conselleira deste órgano. 


E na segunda, escoitamos ao ministro de Industria, Turismo e Enerxía, José Manuel Soria, que explicou á Cámara o Plan Nacional e Integral de Turismo de España e presentou a Axenda Digital Española. 

O ministro destacou que o Plan recolle os "aspectos positivos" dos anteriores, e busca "garantir e asegurar o liderado" de España en materia turística xa que "nada garante que o siga sendo no futuro si non se fan algúns cambios para seguir sendo competitivos", advertiu. 

Resaltou que o Plan Nacional e Integral de Turismo de España foi analizado, elaborado e consensuado en conxunto coas comunidades autónomas e representantes empresariais no sector, e foi posto en marcha en xuño deste ano e busca "impulsar a competitividad das empresas, renovar o liderado mundial en sol e praia e noutros con "crecente importancia", como o turismo gastronómico, rural ou de saúde, apuntou. 

Afirmou que o Goberno executou xa o 28% das medidas contempladas no Plan Nacional e Integral de Turismo (PNIT) para o periodo 2012-2015, que inclúe 28 medidas e 104 accións, e que un 85% das mesmas "xa foron postas en marcha". 

Sobre o tema de Paradores Nacionais o ministro Soria recordou que o último goberno de Aznar deixara Paradores en 2004 con 20 millóns de beneficios, defendeu a xestión da actual dirección, que se trata dun equipo profesional que leva moitos anos no sector. Ademais manifestou que Paradores de Turismo non se privatizará, aínda que sinalou que podería haber xestión privada indirecta nalgúns si así se contribúe a mellorar a súa situación 

Pola súa banda, e ene ste debate o portavoz de Turismo do Grupo Parlamentario Popular, Enrique Fajarnés, sinalou que o Plan Integral de Turismo posto en marcha polo Goberno o pasado mes de xuño confirma o compromiso do Executivo co principal motor da economía nun ano no que se bateu o récord de vinda de turistas internacionais (3%), e xeráronse máis ingresos que nunca (10%). 

Durante a comparecencia Fajarnés retou aos socialistas a un debate exclusivo no Congreso sobre Paradores Nacionais para que expliquen como en só oito anos pasou de ser unha empresa saneada e ben xestionada a ter unhas perdas de 35 millóns. 

Con la tecnología de Blogger.