martes, 4 de diciembre de 2012

Novo incremento do paro rexistrado en novembro


Hoxe coñecemos os datos oficiais do paro rexistrado correspondentes ao mes de novembro.

Son os seguintes:

Ourense:

Medra o paro rexistrado en relación co mes anterior en 1.308 persoas, un incremento notable do 4,48 %, superior a media galega e nacional.

O numero de parados queda en 30.497, deles 14.711 son homes e 15.786 mulleres, 28,120 son maiores de 25 anos e 2.377 menores.

Por sectores, 1.460 son da agricultura, 4.292 da industria, 4.544 da construción, 17.379 nos servicios e 2.822 do colectivo sen emprego anterior.

Galicia:

O paro rexistrado de Galicia medrou en 8.724 persoas con respecto a outubro (un 3,26 %). O numero de parados queda en 276.356, deles 134.919 son homes e 141.617 mulleres, 256.256 son maiores de 25 anos e 20.280 menores.

Por sectores, 8.910 son da agricultura, 38.930 da industria, 44.108 da construción, 160.894 nos servicios e 23.694 do colectivo sen emprego anterior.

O dato e claramente negativo negativo, maís cómpre subliñar que é tradicional nos meses de novembro que os datos sexan negativos xa que sempre se rexistra un aumento importante do desemprego en Galicia. Con todo, é un incremento menor que o rexistrado no mesmo mes do ano anterior. Ademais, este incremento é menor que o da media dos últimos catro anos. E tamén conseguiuse conter a evolución interanual do desemprego.

 Por outra banda, se en Galicia o dato interanual se incrementa nun 9,12%, na media do Estado incrementouse en 11,02%. Dentro das comunidades onde sube o desemprego Galicia é, en termos interanuais, a quinta comunidade onde menos sube o desemprego.


 España:

O paro medrou en novebro en 74.296 persoas, un 1,54 %. Queda situado en 4.907.817 persoas. Deles 2.416.228 son homes e 2.491.589 son mulleres, 4.421.444 son maiores de 25 anos e 486.373 menores.

Por sectores, 190.968 son da agricultura, 540.261 da industria, 751.507 da construción, 3.042.939 nos servicios e 382.151 do colectivo sen emprego anterior.
 
Compre ter en conta que as cifras do mes de novembro recollen o efecto puntual da extinción de convenios especiais obrigatorios de Seguridade Social para coidadores non profesionais de persoas en situación de dependencia.

Esta extinción de convenios concentrouse no tempo, e deu lugar a que neste mes se recollan nos datos de paro rexistrado 37.983 persoas máis, só por esta circunstancia. Estas persoas atopábanse dadas de alta como demandantes de emprego pero non computaban nas listas de paro rexistrado en virtude do seu convenio especial. 


Fonte: Servizo Público de Empleo Estatal.