miércoles, 5 de diciembre de 2012

Nace o Observatorio Económico Ourensán

Onte estiven  no Centro Cultural "Marcos Valcárcel", onde o presidente da Deputación Provincial de Ourense, José Manuel Baltar presentou o primeiro estudo do Observatorio Económico Ourensán, que foi elaborado por un equipo  de profesionais e universitarios especializados,  dirixidos polo profesor José María Chamorro Rivas, do Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Vigo

Esta iniciativa forma parte do Plan OURENSE 92 e nace da implicación entre institucións (Deputación e Inorde), universidade e empresa.

Salientar das palabras de Manuel Baltar  que o obxectivo principal do Observatorio Económico Ourensán é a de axudar a definir estratexias "para reimpulsar a economía provincial" e  que o coñecemento "constitúe o mellor xeito de achegar solucións para os problemas individuais dos cidadáns e para as dificultades colectivas da sociedade".

Parabens por esta interesante e necesaria iniciativa.