miércoles, 5 de diciembre de 2012

Aberta a comunicación da Barosa entre Valdeorras e O Bierzo

Esta mañá recibimos a excelente noticia de que o Ministerio de Fomento reabriu hoxe ao tráfico a estrada N-120 na Barosa, unha vez finalizadas as actuacións principais das obras de urxencia para a reparación da pérgola de entrada ao túnel.

Recordemos que Fomento declarou a finais do mes de setembro como obras de urxencia as actuacións que estábanse levando a cabo na N-120, no p.k. 436,5 á entrada do túnel da Barosa, na provincia de León ás portas de Galicia. Unha comunicación imprescindible para as comarcas de Valdeorras e o Bierzo.

Nos labores de reparación participaron dous equipos a efecto de minimizar o tempo do desvío. Así, unha vez finalizados os traballos de recalce da cimentación da estrutura e a reconstrución dos arcos danados da boquilla do túnel, foi posible restaurar hoxe a circulación de vehículos a través do túnel da Barosa.

As actuacións realizadas permitirán que non se volvan a producir movementos na cimentación e devolver a estrutura ao seu estado orixinal.

Os traballos, cuxo orzamento rolda o millón de euros, continuarán previsiblemente ata o inicio do Nadal, con actuacións menores na estrutura, así como de labores de limpeza e terminación que non interromperán a circulación.

É o momento tamén de recordar a visita que a Ministra de Fomento,  efectuou ao Barco de Valdeorras o 9 de outubro.

Alí mantivo unha reunión co Comité Executivo Local do Partido Popular e outra coa Asociación de Empresarios de Valdeorras (AEVA).

Respecto das obras do túnel, comprometeu que se acelerarían ao máximo e o resultado de hoxe acredita que o Ministerio foi moi dilixente.

Ana Pastor comprometeuse naquela visita a que nos próximos días adxudicaríase a redacción do Proxecto da conexión entre a N-120 e a N-536 e tal comrpomiso cumpriuse o 19 de outubro.

E finalmente comprometeu á mellora do firme da N-120, con cargo ás partidas de mantemento e conservación de estradas. E estás obras, no termo municipal de Rubía e en lonxitude de 3 Km executáronse esta semana, aínda que queden máis quilómetros por reparar.

Celebro moito estas actuacións en materia de infraestruturas, que tanto demanda a comarca de Valdeorras e que evidencian o compromiso do Partido Popular.