jueves, 6 de diciembre de 2012

Celebrando en Ourense o XXXIV aniversario da Constitución


Esta mañá participei no acto institucional do XXXIV aniversario da Constitución e que presidiu o subdelegado do Goberno, Roberto Castro, que por certo pronunciou un excelente discurso. 



Tamén corenta nenos de distintos colexios da provincia, de Primaria, Secundaria e Bacharelato foron premiados polos seus traballos sobre a Constitución. 

 
Ademais Cáritas, Banco de Alimentos, Cruz Vermella e o forense Xullo Jiménez Feliz recibiron recoñecementos ao seu extraordinario traballo social. 


Noraboa a todos eles.


A Banda Municipal de Ourense abriu e pechou o acto celebrado no Auditorio Municipal, cun repertorio musical inicial baseado en coñecidas bandas sonoras de films e ao final interpretou os himnos galego e español.