Falando dos desafiuzamentos en Radio Voz


Á primeira hora da mañá participei coas deputadas Laura Seara e Olaia Fernandez no faladoiro de Radio Voz que dirixe Antía Díaz Leal.

O tema central de comentario foi a problemática dos desafiuzamentos.

Nos miñas intervencións quixen destacar o compromiso do goberno do Partido Popular de pór en marcha as medidas para solucionar os problemas dos desafiuzamentos "canto antes", ben a través dun Real Decreto-lei, ben mediante un Proxecto de Lei con tramitación parlamentaria polo procedemento de urxencia. O obxectivo é que as medidas entren en vigor no menor prazo de tempo posible.

Trátase de articular medidas preventivas e paliativas con especial atención ás familias con nenos ou maiores ao seu cargo, co fin de resolver as situacións de especial vulnerabilidade.

Resaltei que tanto a vicepresidenta do Goberno, como a vicesecretaria xeral do PSOE, acordaron onte que todas as propostas sexan sometidas á avaliación de seis expertos, tres propostos polo Goberno e tres polo Partido Socialista. E que o luns manterán a súa primeira reunión.

E dixen que propósito é que as medidas alcáncense co máximo consenso, teñan a maior efectividade e resolvan pronto o drama dos desafiuzamentos.


Con la tecnología de Blogger.