domingo, 18 de noviembre de 2012

ATAVE: unha asociación exemplar

Onte tiven oportunidade de asistir a unha comida de confraternidade organizada por  "Asociación Provincial de Talleres de Reparación de Vehículos de Ourense (ATAVE)".

Trátase da primeira agrupación empresarial da provincia de Ourense, nacida en 1977 fundada por Don Luís Aragonés Fernández e que preside desde hai mais de vinte anos, cunha gran efiacacia, Manuel Álvarez Gil.


ATAVE é unha organización modelica ao servizo de os seus asociados; ocúpase das relacións coas diferentes Administracións Públicas, centrais sindicais, peritos tasadores de automóbiles, compañías de seguros, etc.

Tamén se dedica á formación continua e a reciclaxe empresarial dos profesionais do sector, para que poidan afrontar con eficacia a constante innovación tecnolóxica que se produce no sector do automóbil.

A loita contra a competencia desleal, a incorporación das súas empresas ás novas tecnoloxías da información son outras das súas tarefas.

De particular importancia é o servizo técnico dirixido a os asociados polo Centro de Diagnosis que ten como misión resolverlles todas as posibles dúbidas que se lle expoñan no momento dunha reparación.

Unha asociaron exemplar para defender os intereses duns empresarios que traballar arreo nuns momentos de gran dificultade.