Rematou con éxito o XXIII Cume Iberoamericano en Cádiz

Na belisima cidade de Cádiz, concluiu onte a XXII Cume Iberoamericano. 

Mariano Rajoy afirmou, na rolda de prensa de clausura que "nos últimos tempos América Latina converteuse nunha das rexións con maior potencial de crecemento mentres que Europa debe axuntar esforzos para reactivar o motor común do crecemento. O mundo cambiou e nós tamén, e é necesario adaptarse a esta nova realidade."


"Queriamos por iso que Cádiz marcase o inicio desa nova etapa e que sentase as bases para unha relación renovada. Tamén tiñamos claro que o centro desa relación renovada tiñan que ocupalo os cidadáns, os seus intereses e as súas preocupacións", engadiu.                 

O presidente do Goberno explicou que estes principios plasmáronse, tras moitos meses de traballo e reflexión, na Declaración de Cádiz, cuxo texto vira ao redor de seis eixos cunha clara vocación económica, e doutra banda nun bo número de comunicados especiais.

 Xunto a isto, aprobouse o programa de acción que contén as liñas xerais da cooperación iberoamericana. Nos anos transcorridos desde o cume de Guadalaxara creouse un acervo de cooperación que logrou resultados concretos e tanxibles cun impacto real sobre os cidadáns. Agora faise necesario estudar a mellora e a renovación dos programas e proxectos de cooperación e o programa de acción contén un mandato neste sentido.

Rajoy destacou duas das decisións tomadas en Cádiz: a adopción da Carta Americana das Pemes, que recolle o compromiso de todos os gobernos de fomentar a competitividade e calidade das pemes e facilitar a súa implantación no espazo latinoamericano, e a aprobación da Carta Iberoamericana da Transparencia e Acceso á Información Pública, que contribuirá a clarificar as regras do xogo e mellorará a seguridade xurídica.                  

Pola  súa banda, o secretario xeral iberoamericano, Enrique Iglesias, destacou que a asistencia de líderes ao Cume Iberoamericano foi excelente e que a reunión resultou moi exitosa, agradable e produtiva.

Iglesias apuntou que os temas económicos dominaron o Cume, que será recordada como o "cume das pemes", aínda que tamén se abordo o tema da seguridade e a preocupación polo narcotráfico. Ademais, os asistentes reafirmaron  a necesidade de reafirmar o espazo cultural iberoamericano. Tamén destacou o acordo para crear un centro iberoamericano de arbitraxe.

Péchase con éxito este cume en cuxos traballos previos tiven a sorte de participar, en concreto no VII Foro Parlamentario Iberoamericano, do que xa teño falado neste Blog.

Texto da Declaración de Cadiz:
Con la tecnología de Blogger.