Arranca a IX Lexislatura do Parlamento de Galicia


Hoxe é un día relevante para o noso País, pois tivo lugar no Parlamento de Galicia a sesión constitutiva da IX Lexislatura.

Un acto solemne que arrancou coa constitución da Mesa de Idade, seguida da elección e constitución da Mesa do Parlamento e a promesa ou xuramento de acatar e gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de Galicia  por parte de todos os deputados e deputadas.

Quero felicitar a todos eles, e moi especialmente aos que integran a Mesa, e sobre todo a súa Presidenta,  Pilar Rojo Noguera.

Salientar as súas primeiras e alentadoras palabras: “Confío en que desde o primeiro día sexamos capaces de estar á altura das circunstancias para poder responder adecuadamente ao que as galegas e os galegos agardan de nós” e que “por riba do que nos separa, únemos a todos algo moito máis importante, a paixón e as enormes gañas de traballar por Galicia”.
Con la tecnología de Blogger.