martes, 9 de octubre de 2012

Sobre o debate electoral cara a cara: Feijóo-Vázquez


Desde Madrid e vía internet, puiden seguir onte á noite o sinal da TVG e polo tanto ver en directo o debate electoral cara a cara  dos candidatos á presidencia da Xunta, Manuel Vázquez e Alberto Núñez.

Desde o primeiro momento apreciei dous estilos ben diferentes.

Dunha banda Alberto Núñez  Feijóo que presentouse como un dirixente  responsable, rigoroso, realista, serio e comprometido de verdade cos problemas de Galicia., que expuxo os logros sociais da súa xestión a pesar dunha crise económica como nunca se viviu outra, e que garantiu estabilidade para recuperar o crecemento.

E enfronte un candidato, Manuel Vázquez instalado nos slogans e nos tópicos, cun constante afán de interromper para frear o argumento do adversario, incapaz de escoitar, extremadamente tozudo ante a realidade, sen asumir a sua petenza ao partido socialista que deixou a España e polo tanto a Galicia afogada nunha enorme crise e que fíóu promesas e anuncios sen ningún soporte na realidade e nas finanzas.

Feijóo, no cara a cara, demostrou unha vez máis que é a garantía da estabilidade, e que iso non está rifado coa blindaxe do estado do benestar e a prestación dos seus servizos básicos. Feijóo comparou a Galicia co resto de autonomías para evidenciar que estamos mellor que os demais en sanidade ou educación, pero a Vazquez esas cousas moléstaronlle.

Alberto Núñez, desde a primeira intervención, recoñeceu ao paro como o problema principal do noso País e evidenciou que Galicia soubo conter a sangría do paro durante esta lexislatura, cunha taxa por baixo da media nacional, mentres que autonomías socialistas disparábanse por encima do 30%.

En relación co sector naval, o candidato do PP de G demostrou cunha carta do conselleiro delegado de Pemex que os contratos dos floteis con Navantia e Barreras son unha realidade certa, e que se alguén os fai públicos, automáticamente cancélanse. Sorprendentemente e con descaro o candidato socialista, negou a evdencia amosando que anhela con que os contratos fracasen. Mágoa.

O candidato socialista non parou de prometer e prometer, pero que non di de onde vai obter os imprescindibles recursos. Un aspirante desconectado da realidade, é dicir, dos 3.500 millóns de euros menos que ten a Xunta respecto de 2009, e que segue pensando en clave de gastar e gastar, esquivando o compromiso co déficit público. Con este método dilapidatorio o PSOE levóunos á ruína, á quebra e ao rescate.

Vázquez foi incapaz de saír do debate simplista do “mellor ou peor”. Axitou sentimentos de forma interesada e esquivou o máis importante a día de hoxe: rigor orzamentario e solvencia para pagar as facturas. Feijóo demostrou unha vez máis que realmente autogoberno o ten aquela autonomía que non é rescatada, e por iso, Galicia hoxe é a primeira de moitas comunidades.

O candidato socialista recorreu ao mensaxe do medo, a prognosticar recortes futuros cos que amedrentar a parados, xubilados, funcionarios e traballadores. Esquécense que foron os primeiros en conxelar pensións, en rebaixar o soldo dos empregados públicos e en subir o IVE.

Máis preocupante é a cuestión lingüística. Feijóo garante o equilibrio das linguas e a incorporación do inglés como idioma vehicular no ensino. Vazquez quere derrogar o decreto e volver á imposición e romper o equilibrio que hoxe teñen as dúas linguas cooficiales no ensino público, en definitiva volver á imposición lingüística e romper o equilibrio que hoxe teñen as dúas linguas cooficiales no ensino público.
Feijóo presentouse como garantía dunha Galicia con identidade propia pero dentro de España. Vázquez non aclarou se cederá ás pretensións soberanistas do Bloque, o que conduciría a Galicia á senda de Cataluña, e por tanto, ao rescate e a quebra da súa economía.

Ao meu xuizo Feijóo sae reforzado do debate e Vázquez Pachi quedou retratado como un aspirante ocurrente, ao que as cifras oficiais non lle desmontan o seu guión, incapaz de escoitar e sen sentido de país.

Onte á noite viuse a un presidente que merece a reelección e a un candidato que carece de proxecto para Galicia.

Sinalar finalmente, o éxito da TVG xa que tivo unha audiencia do acadou unha audiencia do 31,3 % o que representa unha media de 362.000 persoas ao longo dos oitenta minutos de duración do programa, se ben chegou a ter nos momentos de máis audiencia unha cifra ao redor dos 700.000 espectadores. Noraboa á nosa televisión pública.