lunes, 8 de octubre de 2012

Altos cargos de Fomento ratifican o compromiso co AVE a Galicia


Hoxe e durante seis horas, recibimos na Comisión de Fomento a seis altos cargos do Ministerio de Fomento que compareceron para explicar os PGE do 2013.


O secretario xeral de Infraestruturas do Ministerio de Fomento, Gonzalo Ferre, asegurou na súa intervención que o seu Departamento traballa para que a conexión ferroviaria de Alta Velocidade de Galicia coa Meseta e Madrid esté en servizo en 2018. "Está todo preparado e en Fomento todos traballamos para que o AVE chegue a Galicia en 2018", garantiu o alto cargo de Fomento.

Ferre destacou que Galicia é a segunda comunidade autónoma que maior volume de investimento recibirá do Ministerio de Fomento en 2013.

Pola súa banda, o responsable de Adif, Enrique Verdeguer, referiuse ao "irrenunciable compromiso" do Executivo co AVE a Galicia, algo que, ao seu xuízo, demostra o feito de que en 2012 adxudicáronse contratos de obras deste corredor por importe de 1.745 millóns de euros e de que para 2013 estean previstas novas actuacións por outros 875 millóns (680 para a liña Olmedo-Lubián-Ourense-Vigo e 195 para o Eixo Atlántico).

Verdeguer insistiu no apoio do Goberno ao AVE a Galicia e subliñou que no que vai de ano licitáronse traballos deste proxecto por importe de 1.745,3 millóns: 14 tramos de plataforma, 2 de vía e outros 2 de enerxía.
En relación ao Eixo Atlántico, Verdeguer foi claro: as cantidades consignadas permiten manter o compromiso de finalizar a infraestrutura en 2014.

Os responsables de AENA e Portos do Estado confirmaron as consignacións para os portos e aeroportos de Galicia.

Por parte do Grupo Popular, interveu o deputado ourensán Guillermo Collarte que agradeceu a dedicación da ministra de Fomento, Ana Pastor, cara ao corredor do Noroeste que pretende vertebrar o país e profundar na solidariedade interterritorial.

Collarte criticou a BNG e PSOE por haberse queixado o pasado ano dun excesivo investimento en Galicia. Nunha época de axuste económico obrigado é máis que de agradecer que o Ministerio de Fomento e os seus OO.AA destinen o próximo ano a Galicia 1257,6 millóns de euros, o que a converte na segunda comunidade autónoma en investimento per cápita