viernes, 26 de octubre de 2012

Sobre a EPA do terceiro trimestre de 2012

Coñecemos os datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) correspondentes ao terceiro trimestre de 2012, elaborada polo INE.


ESPAÑA 

Ocupados: 17.320.300
Parados:       5.778.100
Tasa de actividade: 60,12 %
Tasa de paro: 25,02 %

A ocupación descende en 96.900 persoas no terceiro trimestre de 2012, ata un total de 17.320.300. A taxa de variación trimestral do emprego sitúase no -0,56%. A ocupación diminúe en 49.400 persoas no emprego público e en 47.600 no emprego privado.

O número de traballadores por conta propia increméntase en 65.100 este trimestre. Deles, 56.500 son traballadores independentes ou empresarios sen asalariados. O total de asalariados con contrato indefinido baixa en 179.400, mentres que o de asalariados con contrato temporal sobe en 15.300.

A ocupación aumenta en 3.700 persoas na Industria, baixa en 56.100 na Construción, en 32.700 nos Servizos e en 11.900 na Agricultura.

As comunidades autónomas nas que máis aumenta a ocupación son Illes Balears (25.200 persoas máis), Estremadura (16.300) e Galicia (14.000). Os maiores descensos este trimestre rexístranse en Andalucía (58.400 ocupados menos), Cataluña (36.300) e País Vasco (25.100).

O número de parados crece en 85.000 persoas e alcanza a cifra de 5.778.100. A taxa de paro increméntase 38 centésimas ata o 25,02%.

As maiores baixadas do número de parados danse en Comunidade de Madrid (15.100 parados menos este trimestre), Galicia (11.900) e Castela-A Mancha (9.600). Os maiores incrementos obsérvanse en Andalucía (61.300), Comunitat Valenciana (26.500) e Rexión de Murcia (20.600).
A poboación activa diminúe en 12.000 persoas. A taxa de actividade sobe catro centésimas ata o 60,12%.


GALICIA

Ocupados: 1.047.700
Parados:       264.000
Tasa de actividade: 55,49 %
Tasa de paro: 20,13 %

O taxa de paro no terceiro trimestre de 2012 foi de de 20,1 3 puntos en Galicia e de 25,o2 en España, polo que a comunidade aumentou o diferencial positivo co resto do Estado ata os 4,89 puntos.

Respecto a isto, lembramos que o diferencial no segundo trimestre entre estas dúas taxas de paro era de 3,56 puntos: Galicia tiña unha taxa do 21,07% e España do 24,63%.
 
Por tanto, neste trimestre a taxa de paro en Galicia baixou un punto, mentres que no Estado rexistrouse un aumento do 0,4 fronte aos datos do trimestre anterior.
 
Galicia, é a oitava Comunidade Autónoma con menor taxa de paro. As comunidades autónomas con taxas de paro máis elevadas son Andalucía (35,42), Canarias (33,6), e Estremadura (32,6). Pola súa banda, as taxas de paro máis baixas rexistránse en Navarra (14,9), País Vasco (15,4); e Cantabria (15,7).
 
En comparación co trimestre anterior, Galicia é a segunda comunidade onde máis baixa o paro en termos absolutos (só superada por Madrid. En Galicia baixa en 11.900, e en Madrid baixa en 15.100).
 
Ademais, neste trimestre Galicia rexistrou un aumento de activos (+2.100) –isto é, incrementouse o número de persoas en idade de traballar e, ao mesmo tempo, tamén descendeu o paro-. Tamén aumentou o número de ocupados (+14.000). Mentres, na media do Estado baixaron tanto os activos como os ocupados.
 
Galicia rexistra un mellor comportamento tamén en termos interanuais, é dicir, comparando co terceiro trimestre de 2011. Daquela, a taxa de paro en Galicia era do 17,24% mentres que en España ascendía ao 21,52%.
 
Segundo estes datos, a taxa de paro en Galicia incrementouse en 2,88 puntos, mentres que no Estado este incremento foi de 3,5 puntos.
 
Con esta taxa de paro o número de parados, segundo a Enquisa de Poboación activa, sitúase en 264.000 en Galicia (en paro rexistrado o número de parados no mes de xuño é de 259.373 parados). Isto supón un descenso  bruto de 11.900 parados menos con respecto ao trimestre anterior.
 
Fonte: INE