Asisto hoxe en Cadiz ao VIII Foro Parlamentario Iberamericano, que se celebra no Palacio de Congresos para conmemorar o Bicentenario da aprobación da Constitución de 1812. O acto inaugural foi a cargo do presidente do Congreso, Jesús Posada.
Correspondeume a presidencia da Mesa de Traballo número 2 do VIII Foro Parlamentario Iberoamericano, referida a "As infraestruturas como ferramenta de desenvolvemento". Nela interviron tres prestixiosos ponentes, Fernando Cordero Cueva, presidente da Asamblea Nacional de Ecuador, Mario Garcés Sanagustin, Subsecretario do Ministerio de Fomento e Juan Benavides Estevez Bretón, experto da Universidade dos Andes.
Tivemos tamen un interesante debate.
Pola tarde eleveie á Sesión Plenaria as seguintes conclusións:
"AVOGAR de forma inmediata por máis e mellores infraestruturas como factor prioritario para conseguir o progreso e a inclusión social, o crecemento económico, o fortalecemento da cohesión territorial e da integración rexional, o desenvolvemento do tecido empresarial e a competitividade e internacionalización das empresas.

DESENVOLVER o labor de planificación estratéxica, como instrumento indispensable para fixar os obxectivos de desenvolvemento establecidos polas políticas de Estado, priorizando os proxectos que presenten maior beneficio socioeconómico e considerando o transporte de forma integrada con deseño de redes multimodales e sostibles, para deste xeito axustar o custo dos programas de investimento público, crear un marco estable de investimento e permitir que este non se oriente exclusivamente á creación de novas infraestruturas, senón tamén á modernización e necesario mantemento das existentes.
TER presente, á vista das conclusións do cume de Rio 20 celebrada en Brasil, o efecto no medio ambiente das infraestruturas, dado que o transporte é un dos sectores con maior potencial de actuación na loita contra o cambio climático, orientando a actuación dos poderes públicos a potenciar o uso do transporte público nas cidades e, con carácter xeral, aos modos de transporte máis sostibles, como o transporte ferroviario, o fluvial e o transporte marítimo de curta distancia.

ESTABLECER un marco institucional e regulatorio estable que permita implantar as experiencias de máis éxito, proporcione seguridade xurídica ás empresas, simplifique a normativa e reduza as cargas administrativas innecesarias, cos obxectivos de que se logre definir políticas que garantan a transparencia e de que se mellore a capacidade de formulación, avaliación e execución de proxectos."