Remato de chegar do mitin de Verin que foi presentado polo alcalde Juan Jiménez Morán. Tamen falou Manuel Baltar e Carmen Pardo, a candidata numero dous da lista.
Pechou o acto o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo quen pediu “que ninguén nos quite aos galegos o mérito acadado entre todos e que ninguén nos diga que é o que non podemos acadar”, e reclamou responsabilidade aos partidos da oposición a hora de mostrar dúbidas sobre as potencialidades de Galicia.
Feijóo, que apostou por aumentar nas urnas as diferenzas actuais entre o PPdeG e os resto de partidos, subliñou que ninguén ten dereito a xogar coa esperanza dos traballadores de Alcoa, poñendo en dúbida que a súa empresa sairá adiante; e tampouco poñer en risco o mérito dos traballadores do naval para devolver o traballo ás rías de Vigo e Ferrol.
Para Feijóo, Pemex ten sido o mellor retrato da auténtica capacidade de Galicia e dunha oposición frívola e responsable que cando estaba no goberno non fixeo nada polo naval e posteriormente insultaron a Feijóo por intentar buscar unha esperanza para o naval. “Menospreciaron o acadado polo Goberno galego, patalexaron pola sinatura do acordo, acabaron dicindo que os contratos non existían e buscaron romper o acordo tentando que se incumpriran eses contratos”.
Para rematar a xogada, como sinalou Feijóo, terminaron por poñer en cuestión aos gobernos saíntes e entrantes de México. Nesta liña, subliñou que cadaquén quedará no seu sitio: “as rías de Ferrol e Vigo con barcos e a oposición na oposición”.
Tamen sinalou que Galicia é a comunidade máis estable, coas contas máis saneadas, co déficit máis controlado, a máis solvente e afastada do rescate; a que seguiu construíndo hospitais públicos e centros de saúde mentres noutras se pechaban, e a que volve atraer investimentos porque é unha terra na que se pode confiar e a que está en disposición de seguir superando retos.
Por iso, ninguén, nin por facer oposición, ten dereito a restarlles aos galegos o mérito de facer desta comunidade a máis responsable e unha das máis eficientes, nin de restarlle ao persoal sanitario e ao profesorado o mérito de incrementar o rendemento e a calidade asistencial ou de ter baixado máis que nunca o fracaso escolar.
Feijoo fixo fincapé en que Galicia só ten os límites que se queira poñer, polo que lles pediu aos alí presentes que sexan ambiciosos, que nada lles impida intentalo e que sigan traballando xuntos.
Nesta liña, apuntou que só hai un límite para os galegos: “o da paciencia, e ese foi superado en 2009 coa coalición dos socialistas e os nacionalistas”.
O noso líder resaltou que todos os gobernos quixeran ter as contas que ten Galicia, seguir construíndo hospitais públicos, renovándoos ou ampliándoos, e seguir incrementando as prazas públicas de residencia ou gardería, así como ter as taxas máis baixas na universidade ou máis profesores por alumno nas escolas. “Pero só Galicia puido e pode porque se preocupou, desde o primeiro momento, porque fose posible”, dixo.
Como lembrou Feijóo, Galicia iniciou voluntariamente hai catro anos un camiño ao que máis tarde se foi incorporando o resto de España obrigada polas circunstancias. “É preciso seguir adiantándose para non retroceder”, dixo.
Propuso eliminar por completo o problema do déficit; apoiar aos emprendedores bonificando as súas propostas e apoiando as iniciativas dos que queiran intentalo como autónomos; seguir adiantándose con investimentos que xeren emprego e melloren a calidade de vida; seguir adiantándose ao que decidan as institucións europeas e propoñer unha política agraria e pesqueira común con selo galego; seguir apoiando aos mozos e mozas e impulsar que as empresas confíen neles e eles en si mesmos para crear as súas propias empresas; mellorar a educación pública e seguir rompendo barreiras para as empresas galegas.
Rematou insistindo na necesidade de votar, posto que se trata da xestión do diñeiro público que sae do escorzo dos cidadáns, do futuro, porque non se pode abandonar o país á inestabilidade de tres, catro ou cinco partidos e porque só así se poderá seguir liderando o sentido común en España. E, sobre todo, hai que votar porque “son os galegos e as galegas os donos do seu destino”, como apuntou Feijóo.
Dixo que o vindeiro 21 de outubro elíxense dous tipos de goberno: “un bipartito socialista e nacionalista que agora está dividido en catro partidos con Esquerda Unida de invitado, ou un goberno unido que só se debe aos cidadáns”.
Os galegos ten que decidir “se queren a xestión socialista da economía e do emprego, que os nacionalistas impoñan os sentimentos dos galegos, se queren ao candidato que non quixo a metade do PSOE e ao BNG que non quixo a metade do BNG, e se queren a división permanente”. “A outra opción é elixir un goberno que ten posto a Galicia á cabeza da estabilidade, que aposta pola liberdade de que cada un viva a súa terra como queira e que se goberne con sentidiño nunha coalición cos galegos”, dixo.