lunes, 15 de octubre de 2012

A nova Manzaneda

Hoxe estiven en Expourense onde o conselleiro  delegado de Meisa e subdirector xeral de OCA Hotels, Arturo Rodríguez, presentou a o Plan Estratéxico e a nova imaxe corporativa da estación invernal, así como as melloras tecnolóxicas e a nova oferta de servizos turísticos que albergarán as súas instalacións na estación de montaña de Manzaneda en Pobra de Trives.

Dixo que  pretenden converter a Manzaneda nun centro de lecer e servizos turísticos e culturais en base a un plan estratéxico que desenvolve en Grupo Máis Costas a través da cadea hostaleira galega Oca Hotels. 

Explicou que o obxectivo é lograr que todos os galegos e o Norte de Portugal entren na páxina da estación invernal, vexan os servizos e decidan achegarse para pasar un día, un fin de semana ou tres ou catro días.

Informou que ademais de neve artificial, as instalacións contarán cunha piscina climatizada e outra termal con tratamentos únicos en España e un parque multiaventura coa tirolina máis grande do noroeste peninsular.

Tamen Arturo Rodríguez explicou que a mediados de novembro do próximo ano, a maior parte das melloras estarán finalizadas, tras unhas obras que xa comezaron. Dixo que o Plan Estratéxico se desenvolverá ata finais de 2013 e preve investir 7 millóns de euros e contempla un plan de obras e melloras coa rehabilitación dos apartamentos, e unha nova oferta de servizos.

Celebro esta excelente iniciativa para convertir a Manzaneda en  algo mais que unha estación invernal, é dicir un centro de lecer e servizos turísticos e culturais, e un foco dinamizador do Oriente ourensan. Noraboa.