sábado, 7 de julio de 2012

Visita á Confederación Galega de Persoas con Discapacidade

O pasado mercores, os deputados populares no Congreso, Irene Garrido Valenzuela, Paz Lago Martínez, Joaquín García Díez e quen suscribe achegámonos  ata as instalacións que a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade COGAMI ten en Santiago e nas que fomos recibidos polo Presidente, Anxo Queiruga, o  Vicepresidente, Ramón Sestayo, o Secretario Xeral, Ignacio Rodríguez, e mailo Presidente de Cegasal (Asociación empresarial galega de centros especiais de emprego sen ánimo de lucro), José Antonio Vázquez. 

 Realizamos un percorrido por todos os departamentos dos que se constitúe e recibimos explicacions sobre o labor que desenvolven estas áreas a favor do colectivo das persoas con discapacidade. Asi pudimos coñecer o eficaz traballo do Servizo de Intermediación Laboral que funciona como unha axencia de colocación do colectivo das persoas con discapacidade.

 Tamen os labores de información  tanto ao propio colectivo como a familiares e a entidades públicas e privadas. Constatamos a adicación a tarefas de formación mediante cursos ás persoas con discapacidade para que adquiran coñecementos profesionais de cara a sua inserción laboral.  Igualmente vimos o departamento que traballa na accesibilidade universal e que loita a diario pola eliminación das barreiras arquitectónicas. 

 Tralo percorrido, asistimos a unha presentación sobre a Confederación, que esta constituída de forma directa por 17 entidades é de xeito indirecto por 52 asociacións/delegacións espalladas por toda Galicia. E explicáronnos os programas nos que se está a traballar e os resultados obtidos durante o ano pasado.

 Despois visitamos a matriz do Grupo Empresarial de COGAMI, Galega de Economía Social, organización   de carácter multisectorial que se constituiu en 1997 como entidade de referencia, defensa, promoción e representación das iniciativas empresariais sen ánimo de lucro e de Economía Social, como o son os Centros especiais de emprego e empresas de inserción laboral, cuxo obxetivo e o de fomentar o emprego de calidade das persoas con discapacidade e persoas en situación ou risco de exclusión social e a súa inclusión na actividade económica, social e empresarial de Galicia. 

 Alí  coñecemos a actividade deste grupo formado por 13 centros especiais de emprego sen ánimo de lucro, nos que o 90% do cadro de persoal confórmano persoas con discapacidade. 

 Foi, en definitiva unha interesante visita que nos permitiu coñecer os problemas e anhelos do colectivo de persoas con discapacidade e o gran labor de Cogami.