martes, 5 de junio de 2012

Alfonso Alonso: "España estará en condicións de crecer con fortaleza e vencer á crise"

Na mañá de hoxe asistín en Madrid a un almorzo informativo organizado polo Forum Nova Economia, no que a vicepresidenta do Goberno presentou  ao portavoz do Grupo Popular no Congreso, Alfonso Alonso.

Afirmou que hoxe que temos motivos para manter a confianza e perseverar no camiño iniciado  porque, entre outras razóns, a fase actual de saneamento da economía deixará a España en condicións de volver crecer con fortaleza. E engadiu que o que demostra que os españois podemos vencer á crise é o feito de que nestes primeiros cinco meses tomamos medidas que a outros países custoulles anos adoptar ou que nin sequera foron capaces de levar adiante.

Dixo que o obxectivo do  Goberno do PP é renovar España, facela máis produtiva, máis competitiva e máis xusta en definitiva , "facer un país no que os cidadáns poidan atopar empregos cualificados e ben remunerados, cuns servizos públicos de calidade a prezos razoables a través dos seus impostos, cunhas pensións seguras, cunha educación de calidade que lles cualifique para ser competitivos no mercado de traballo global"

Tamén defendeu  proxecto reformista emprendido polo PP que combina austeridade e crecemento unha receita que apenas comezou a aplicarse e cuxos efectos non serán instantáneos; que é máis complexa e esixe un traballo perseverante, fronte ás receitas dos socialistas, cuxo discurso foi saír da crise polo expediente de negar a crise.