Hoxe o Servizo Público de Emprego Estatal publica os datos oficiais de paro rexistrado de maio de 2012.
Hoxe o Servizo Público de Emprego Estatal publica os datos oficiais de paro rexistrado de maio de 2012.
Os datos son os seguintes:
PARO REXISTRADO:
OURENSE:
A 31 de maio de 2012 había na provincia de Ourense: 30.716 parados rexistrados, 558 menos que en abril de 2012 (-1,78 %) e 4.169 mais que en maio de 2011 (15,70 %)
Distribución por sexo
15.075 homes
16.199 mulleres
Distribución por idades
2.621 menores de 25 anos
28.095 maiores de 25 anos
Distribución por sectores: 1.116 na agricultura, 4.524 na industria, 4.964 na construcción, 16.673 nos servizos e 3.439 sen emprego anterior.
GALICIA:
En Galicia o paro baixa en relación co mes anterior en 1.036 persoas (-0,37 %). Pechamos maio con 276.608 parados, 36.594 máis que fai un ano (15,25 %).
Distribución por sexo
134.425 homes
142.183 mulleres
Distribución por idades
22.441 menores de 25 anos
254.167 maiores de 25 anos
Distribución por sectores
7.529 na agricultura, 41.807 na industria, 47.219 na construcción, 151.683 nos servizos e 28.370 sen emprego anterior.
Estamos ante a primeira baixada do ano do desemprego en Galicia (aumentaron tamén o número de contratos e o número de afiliacións) e, polo tanto, trátase dun dato positivo xa que hai un descenso do paro, isto é, hai máis de 1.000 persoas que saíron das listas do desemprego.
Confiamos en que a tempada estival en Galicia -que sempre chega un pouco máis tarde que ás illas ou a Levante, proba disto é que por exemplo en Canarias este mes xa aumento o paro- siga mostrando un comportamento positivo nos próximos meses. Aínda que non se pode falar dun cambio de tendencia, ante unha situación difícil como na que estamos, trátase dun dato positivo.
Galicia é a undécima comunidade autónoma onde más diminúe o paro rexistrado en termos absolutos.
ESPAÑA:
No conxunto de España o paro descende en relación co mes anterior en 30.113 persoas, un 0,63 % menos.
Pechamos pois maio con 4.714.122 parados, e decir 5524.463 mais que hai un ano (12,52 %)
Distribución por sexo
2.337.116 homes
2.377.006 mulleres
Distribución por idades
490.329 menores de 25 anos
4.223,793 maiores de 25 anos
Distribución por sectores
160.200 na agricultura, 538.339 na industria, 796.569 na construcción, 2.805.203 nos servizos e 413.811 sen emprego anterior.
No mes de maio diminúe o paro en todas as comunidades autónomas agás Canarias, Estremadura e as cidades autónomas de Ceuta e Melilla.
Debemos acoller con moi moderado optimismo esta leve baixada do desemprego en España, Galicia e Ourense durante o mes de maio pero dá un lixeiro sopro de esperanza en metade da dura crise que estamos a atravesar. A pesar da recesión, en España séguese creando emprego, aínda que sexa estacional. Todo emprego que se crea é unha boa noticia.
A cifra é menor que a do ano pasado. Somos conscientes. Pero hai doce meses o Goberno de Zapatero sacaba peito cos seus brotes verdes e a súa recuperación, cando seguiamos caendo en picado. Hoxe, cunha situación económica moito peor, parécenos positivo que se xeren postos de traballo. No entanto, queremos fuxir de todo triunfalismo, porque en España segue habendo máis de 5 millóns de dramas.
Fonte: Servizo Estatal de Emprego.