miércoles, 20 de junio de 2012

Montoro: "España ten o apoio dos socios europeos e das institucións europeas e o apoio expreso do G-20 para os programas que está desenvolvendo, entre os que figura a recapitalización do sector bancário"

Hoxe pola mañá tivemos sesión de control ao Goberno, e tendo en conta que estaban ausentes o Presidente e a Vicepresidenta do Goberno, a oposición conentró as súas preguntas no ministro de Facenda e Administracións Públicas, Cristobal Montoro.

A preguntas do deputado Álvaro Anchuelo, do Grupo Parlamentario de Unión Progreso e Democracia, sobre “a existencia dun plan B senón un plan A que poida tranquilizar aos cidadáns e aos mercados”.

 Montoro contestou que: “Fai unha semana España non foi rescatada. Dio a Comisión Europea, dio o portavoz de Asuntos Económicos da Comisión Europea, que engade: España non necesita ningún rescate, sempre que faga as reformas estruturais que está facendo. E máis adiante dixo “Esa crise do euro é unha realidade, señoría. Esa crise do euro está aí, diante de nós, pero España está hoxe en mellores condicións para facer fronte a esa crise, posto que o Goberno de España está adoptando as reformas, os orzamentos e o ordenamento do sector público no seu conxunto, das administracións públicas, que permita afrontar con fiabilidade e con confianza esta crise. España non foi rescatada porque non necesita ser rescatada. España ten o apoio dos socios europeos e das institucións europeas e España ten, como coñecemos onte á noite, o apoio expreso do G-20 para os programas que está desenvolvendo o Goberno español, entre os que figura a recapitalización do sector bancário”

Tamén respondeu a unha pregunta da portavoz Soraya Rodríguez, do Grupo Parlamentario Socialista que preguntaba sobre a “valoración da situación económica de España unha semana logo de haberse aprobado o rescate”.

Montoro respondeulle que: ”Logo dunha semana, como vostede di, o que hai que transmitir á sociedade española é unha mensaxe de confianza, de tranquilidade, de seguridade. Estamos en Europa, somos Europa, somos o euro, e dunha crise como a que estamos vivindo sairemos reforzando Europa, sairemos reforzando o euro, sairemos construíndo xuntos un proxecto común, ese proxecto común que onte viviu o reforzo que significaron as declaracións do G-20".

E mais tarde engadiu que “O Goberno está aplicando a política económica para corrixir a política económica do Goberno socialista. Esa foi a que nos levou á situación á que nos levou, e esa é a que agora debería inducir ao Grupo Parlamentario Socialista a contribuír positivamente a ofrecer unha imaxe sólida dun parlamento comprometido coas políticas españolas e europeas que nos sacarán desta crise”

A continuación o deputado Pedro Saura, do Grupo Parlamentario Socialista pregunto sobre por que o “Goberno permite, coa vergonzante amnistía fiscal, o branqueo de capitais, ata de orixe delituosa”.

Montoro respondeu que “o Goberno programou unha regularización tributaria, non unha amnistía fiscal e que a Lei de branqueo de capitais segue completamente en vigor e non ten nada que ver con esa regularización bancaria”

E luegop díxolle: “Señor deputado, estou convencido de que o anuncio que vou facer agora vaille a entusiasmar a vostede e ao Grupo Socialista. O Goberno vai aprobar un anteproxecto de lei de loita contra a fraude fiscal nos próximos días, na próxima semana. Ese proxecto de lei vai facilitar á Axencia Tributaria os medios e tamén os procedementos xurídicos para erradicar a economía mergullada, para erradicar en España preguntas como con IVE ou sen IVE, a existencia desas preguntas e a existencia desa economía mergullada. Ou é que nega vostede a existencia da economía mergullada en España. Señorías, existe esa economía mergullada e hai que combatela. Ese é o sentido da regularización fiscal promovida polo Goberno seguindo recomendacións da OCDE e da práctica que fixeron outros países desenvolvidos da nosa contorna, comezando por Italia, pero tamén Alemaña, Estados Unidos ou o Reino Unido e aconsellados, insisto, pola OCDE. Iso vai en paralelo cun proxecto de lei que vai dotar á Axencia Tributaria da maior capacidade para loitar contra a fraude fiscal; pau e zanahoria para a regularización desa economía mergullada, señoría. Iso é o que ofrece o Goberno, unha oportunidade única de acabar con esa economía mergullada, de porse a ben coa Facenda pública e así poder ter ingresos suficientes para garantir o financiamento correcto dos servizos públicos do noso país, algo que debería facer o Goberno socialista e que estamos acometendo nun momento de caída de ingresos tributarios, que é moi prexudicial para o sostemento do Estado do benestar en España.”

E finalmente o deputado donostiarra Odón Elorza, do Grupo Parlamentario Socialista preguntou sobre unhas supostas manifestacións de Montoro en maio de 2010 desexando a caída do goberno de Zapatero.

O ministro respondeu que “España levántase soa, señoría. Iso é algo que vostedes nunca puideron entender. En dúas oportunidades, longas oportunidades nas que gobernaron, levaron a España ao paro, ao déficit e a estar fóra dos proxectos europeos. Ese o balance dos gobernos socialistas. Obviamente, nós recollemos esa herdanza e en virtude desa herdanza certamente non puidemos aplicar o noso programa electoral, pero non lle caiba ningunha dúbida, señor Elorza, ímolo a aplicar. En primeiro lugar, temos que estabilizar a economía; en primeiro lugar, temos que tapar os buracos que nos deixaron; temos que tapar o buraco do déficit oculto que nos deixaron, señorías; hai que facer as reformas estruturais, reformas estruturais que vostedes non fixeron: como foi esa reforma das relacións laborais tan modernizadora, tan actualizadora e tan homologadora coas relacións laborais que existen noutros países da Unión Europea; como o foi tamén a definición, a redefinición de servizos públicos básicos como a sanidade ou a educación; e como o é unha política de austeridade orzamentaria, que realmente promova a confianza das institucións europeas e dos nosos socios europeos en España.

Sabe vostede cal é a diferenza entre ese maio de 2010 e agora.oullo a resumir. Entón os socios europeos chamaban ao Goberno de España, ao Goberno socialista para dicirlle o que tiña que facer agora chaman para celebrar o que está facendo o Goberno de España, señoría”