No acto de presentación do Novo tren dual Talgo S-730

Hoxe pola mañá participei no acto de presentación do tren Talgo S-730, no seu novo servizo A Coruña-Madrid. 

O  acto estivo presidido pola ministra de Fomento, Ana Pastor e ao mesmo tamén asistiu  o   Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández,o Delegado do Gobernó o Presidente de Renfe e o da empresa Talgo, entre outras personalidades.

Viaxamos neste novo tren desde Santiago a A Coruña.

 O tren s/730, fabricado pola compañia española Talgo, é un dos trens máis versátiles do mundo, xa que incorpora motores diésel e eléctricos (para vías con e sen electrificación), rodaxe desplazable (para vías de ancho UIC e ancho ibérico), bitensión (para dúas tensións de catenaria diferentes) e os sistemas de sinalización para circular por todas as liñas existentes en España.

O Alvia híbrido é o resultado de transformar 15 unidades do coñecido tren s/130, de rodaxe desplazable, cun investimento de 78 millóns de euros.

O novo tren incorpora dous novos vehículos (un en cada extremo, xeradores diésel con equipos auxiliares). En concreto, incorpóranse dous motores de 1.800 kW, con alternador e rectificador de corrente, torres de refrixeración, convertidores e depósitos de 2.000 litros de combustible.

Desta forma, o novo s/730 pode circular a velocidades máximas de 250 km/h en vías de alta velocidade e 200 km/h en vías convencionais.

En canto ao resto de características técnicas, mantén o cadro de prestacións dos trens s/130: bitensión (25 Kv  e 50 Hz corrente alterna para alta velocidade e 3 Kv corrente continua para convencional); dous anchos de vía (1.435 para ancho UIC e 1.668 para ancho ibérico), así como sistemas de sinalización ERTMS, STM de LZB, Ebicab e Asfa dixital, o que garante a interoperabilidad en toda a rede ferroviaria española.


Mide 185 metros e pesa 361 toneladas
Con la tecnología de Blogger.