martes, 26 de junio de 2012

Unha política para o crecemento, o emprego e a integración física e financieira da U.E.

Esta tarde no Pleno do Congreso debatemos unha iniciativa que o Grupo Popular e o Grupo Socialista presentaron conxuntamente. Tratábase dunha Proposición non de Lei relativa a unha política para o crecemento, o emprego e a integración física e financeira da UE.

Polo noso  Grupo interveu Elvira Rodríguez, que dixo que é unha boa noticia para España que esta Proposición subscribímola conxuntamente o Grupo Popular e o Grupo Socialista, e que sexa o corolario da aprobación a semana pasada do Tratado de Estabilidade, Coordinación e Gobernanza.

Engadiu que esperamos que sexa o comezo de novas posturas conxuntas noutros asuntos que teñen tanta importancia para o desenvolvemento da nosa economía e, xa que logo, para todos os españois.

A deputada popular destacou que o máis urxente deses asuntos é a resolución dos problemas do noso sistema financeiro, imprescindible para volver crecer e crear emprego, o mesmo obxectivo que se marca esta Proposición non de Lei.

A coincidencia dos dous principais partidos políticos de España estase observando desde fóra con lupa e o que hoxe camiñemos xuntos estou segura que será favorablemente recibido.

 Durante a súa intervención, Elvira Rodríguez recordou que o Goberno de España está cumprindo cos seus compromisos e facendo un importante esforzo para realizar as reformas que necesita a nosa economía, non descolgarse aínda máis dos países da nosa contorna e recuperar a posición que merecemos pola nosa poboación e o noso potencial. Por iso, continuou, debemos reivindicar o noso sitio e a nosa voz.

 É nese sentido no que debe entenderse a carta enviada o pasado 6 de xuño polo Presidente do Goberno, Mariano Rajoy, aos presidentes do Consello e a Comisión Europea, en relación ao próximo Consello Europeo dos días 28 e 29 deste mes, na que expresaba a necesidade de que se acometa o deseño dun plan, un calendario e unhas condicións para asegurar o futuro do euro.

O contido desa carta está implicito na Proposición non de Lei, que pide ao Goberno que promova nas institucións europeas a utilización de todos os instrumentos ao alcance destas para impulsar o crecemento económico, a creación de emprego e a estabilidade dos mercados financeiros. Tamén pide que a Unión avance en medidas contra a secuela do paro xuvenil e estableza as bases para unha Estratexia Europea de investimentos, ademais dunha política impositiva que aposte pola armonización fiscal e a loita contra a fraude no seo da UE, e unha unión bancaria no ámbito europeo.

 Así mesmo, Elvira Rodríguez manifestou que o debate sobre a estabilidade nas contas públicas non está pasado nin superado, porque forma parte,da orixe da crise de débeda soberana que estamos sufrindo.
Ninguén pode estar en contra de políticas que xeren crecemento e emprego, o problema exponse cando non se teñen en conta todas as consecuencias de levalas a cabo e cando os efectos que producen son xusto os contrarios dos pretendidos, engadiu. En opinión da deputada popular, cando se trata das finanzas públicas, os Gobernos son os meros administradores dos cidadáns.

As finanzas públicas deben ser sostibles e estables, a estabilidade a curto prazo debe ser compatible coa estabilidade a medio e longo prazo e hai que ser especialmente coidadoso con que a inestabilidade a curto prazo non poña en risco a necesaria estabilidade a máis longo prazo, que é a que garante a prestación dos servizos públicos fundamentais e imprescindibles, precisou.

 O incumprimento reiterado dos nosos compromisos co pacto de estabilidade e crecemento fan que se deteriorou a confianza no noso país e que nestes momentos esteamos sometidos a requirimentos macroeconómicos que nos marcan o camiño a seguir, explicou.

Son os condicionantes de pertencer ao club do Euro, no que indubidablemente nos interesa estar, un club que nos fixo renunciar a soberanía pero que nos deu moito a cambio, non só en terminos orzamentarios, senón tamén en homologación internacional. Por iso é imprescindible que cumpramos coas nosas obrigacións, concluíu.

Sometida a votación, quedou aprobada con 294 votos a favor, 19 en contra y 3 abstencions.