martes, 26 de junio de 2012

Escolares ourensáns de visita ao Congreso dos Deputados

Hoxe pola mañá recibimos no Congreso unha extraordinaria visita, a dos escolares gañadores do concurso da Constitución convocado pola Subdelegación do Goberno de Ourense.

Viñeron acompañadas de dúas profesoras e puideron coñecer o Palacio do Congreso e estar no hemiciclo e outras bonitas dependencias, así como de coñecer o funcionamento do poder lexislativo.

E como é normal fixémonos todos xuntos esta foto que acredita a feliz visita destes mozos ourensáns.