viernes, 29 de junio de 2012

Consello Europeo de Bruselas, esperanzador

Concluíu o Consello Europeo, en Bruxelas, que segundo Mariano Rajoy marcou un camiño correcto para facer fronte á crise que sinalou unha ruta clara, pero que nos obriga a seguir traballando xa que queda aínda moito camiño por percorrer. 

 En Bélxica, en rolda de prensa o Presidente do Goberno sinalou que os 27 lanzaron mensaxes moi claras en asuntos transcendentais como son o pacto de crecemento, a sustentabilidade da débeda soberana e a maior integración económica, fiscal e financeira. 

 Así cada un dos países membros comprometeuse a avanzar na senda do saneamento orzamentario e a promover as reformas estruturais necesarias para a competitividade das súas economías e para facer fronte aos desequilibrios internos.

 Defensa do euro.

   A xuízo do presidente, este Consello Europeo deu unha resposta "clara e rotunda" ao principal obxectivo común dos Estados: a "irreversibilidad da moeda común" e lanzou un "sinal político inequívoca" nesa dirección. Mariano Rajoy tamén citou algunhas decisións importantes tomadas neste Consello como o feito de que o instrumento para recapitalizar os bancos españois non sexa prioritario sobre o resto das débedas; que se avanzou na recapitalización directa dos bancos, e que se enviou unha mensaxe clara sobre a actuación nos mercados secundarios, que se concretará no Ecofin do 9 de xullo. 

 O presidente insistiu en que a asistencia financeira aos bancos non implica ningunha "condicionalidade" para a política macroeconómica, tal e como acordou no seu momento o Eurogrupo. 

 Compromiso de España. 

 O Goberno de España "está comprometido, asegurou o presidente- en avanzar na consolidación fiscal, no saneamento das contas públicas e tamén imos seguir acometendo as reformas necesarias para modernizar a nosa economía, e a partir de aí, crecer e crear emprego". 

Isto, subliñou, é "un compromiso cos nosos socios, pero sobre todo é unha convicción profunda sobre o que hai que facer para mellorar a actual situación". 

 Neste sentido, mariano Rajoy afirmou: "A tranquilidade que teño é que o Goberno sabe o que ten que facer. A clave é marcarse unha liña e saber que se ten que ir por aí". 

 Creo que podemos alegrarnos deste resultado e recoñecer o traballo do Goberno e o apoio do principal partido da oposición que nesta transcendental ocasión comportouse con lealdade.