Sobre as axudas á Banca

Agora que se fala de axudas á Banca española convén recordar que os países da Unión Europea inxectaron 1,6 billóns de euros para axudar aos seus bancos entre 2008 e 2010.

Así os países da UE dedicaron 1,1 billóns a avais dos bancos.  Máis de 400.000 millóns foron axudas de recapitalización de activos malos.

Grazas a que os bancos de Europa e EEUU recibiron a axuda cando era necesario agora están devolvendo o diñeiro recibido.

Os 19 bancos máis importantes dos EEUU recibiron máis de 140.000 millóns de dólares do goberno no primeiro ano da crise. Agora están xa devolvendo o diñeiro.

En Europa foron rescatados con diñeiro público bancos tan importantes como Lloyds (Gran Bretaña), Hypo Bank (Alemaña), Fortis (Bélxica), ING (Holanda).

O Goberno socialista atrasou varios anos o saneamento dos bancos agravando os seus problemas.

Mentres os demais países axudaban aos seus bancos, o Goberno socialista aseguraba que tiñamos o mellor sistema financeiro.

España segue pois a política europea e americana de garantir o sistema financeiro e os aforros dos cidadáns. Os cidadáns teñen os seus aforros  garantidos grazas á axuda á banca.

Este apoio público non será nin moito menos gratis para as entidades que as reciban e ademais estas axudas deberán ser compatibles co procedemento de axudas do Estado determinado pola Comisión Europea.







Con la tecnología de Blogger.