martes, 15 de mayo de 2012

Solvencia e aposta pola competitividade, bases sólidas do crecemento

Leo agora a web da Xunta e coido que compre destacar as mensaxes dirixidas hoxe polo presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, durante a celebración da XII Asamblea Xeral de Socios da Asociación Galega da Empresa Familiar, na que destacou, que o debate importante non debe xirar sobre unha falsa dicotomía entre austeridade e crecemento, “senón en cómo podemos volver a ser unha economía competitiva e capaz de xerar emprego ao tempo que garantimos un estado do benestar sostible”.

Afirmou que “Non é posible levar adiante unha política expansiva dos negocios sen contar coa base e os recursos suficientes. Como paso previo a calquera expansión, sempre estivo claro que había que ter detrás unha base sólida, baseada nunha produción de calidade, nun modelo innovador e competitivo. Pois ben, do mesmo xeito, agora que se fala da necesidade de que as administracións públicas se centren máis en acometer políticas de crecemento e estímulo da economía, poderíase dicir o mesmo: de pouco servirán esas políticas se non existe unha base sólida e solvente sobre a que construír as políticas de crecemento”.

Neste sentido, lembrou que España é a proba de que só con medidas de suposto estímulo –Plan E, 15.000 millóns de euros-, sen controlar o déficit público nos levaron a máis gasto e a menos posibilidades de crecemento.

Solvencia e aposta pola competitividade, bases sólidas do crecemento

Feijóo subliñou que a base sólida sobre a que Galicia quere construír o seu crecemento futuro baséase fundamentalmente en dous aspectos: a solvencia e a aposta pola competitividade.

En relación ao primeiro piar, o Presidente afirmou que “desde que chegamos ao goberno en 2009 tivemos claro que era preciso que Galicia iniciase unha senda de solvencia das contas públicas para garantir as políticas de benestar e apoiar ao noso tecido produtivo. E fixémolo apostando por unha política de austeridade responsable, comezando por facer un goberno máis pequeno, por reducir gastos superfluos e dedicando o maior esforzo a lograr unha administración pública máis eficiente. O esforzo levado a cabo, permítenos ter unha comunidade autónoma, hoxe, das máis solventes de España e nos permite estar nunha mellor situación posible para afrontar o futuro. As comunidades que iniciarán o crecemento económico serán aquelas que previamente acreditasen ser comunidades solventes”.

Feijóo subliñou que a nosa solvencia facilitou a colocación da débeda pública galega e así aforrar 187 millóns de euros ao ano só en intereses da débeda -Cataluña, Andalucía ou Valencia, por exemplo, teñen un sobrecusto mínimo de 2,5 puntos no tipo de interese respecto a Galicia-. “Nos permite pagar aos provedores e, desde que instauramos o sistema de control de facturas en 2010, a Xunta paga aos seus provedores nunha media de 50 días e, no que levamos de 2012, a media está no entorno de 40 días. Somos a única comunidade que non tivo que acudir ao rescate do Goberno de España para pagar aos seus provedores. E nos permite que, para cumprir o déficit en 2012, Galicia teña que facer un axuste de 69 millóns de euros, fronte aos 15.400 millóns que han de axustar o conxunto das comunidades”, engadiu.

En definitiva, o feito de ter unhas contas saneadas e ter apostado pola austeridade e o control do déficit desde 2009 permiten ao Goberno galego: non ter que baixar o soldo aos empregados públicos; construír novos hospitais, en vez de pechar centros de saúde ou hospitais, e atender en menor tempo aos paciente máis graves; e non ter que reducir servizos en educación e, hoxe, hai 31.500 alumnos con ordenador e 40.000 que estudan cun profesor en lingua inglesa”.

Competitividade do tecido produtivo, Plan Estratéxico Galicia

No tocante á competitividade do tecido produtivo galego, Feijóo afirmou que este é o principio que inspira o Plan Estratéxico Galicia, 2010-2014 horizonte 2020. “Fomos a primeira comunidade en presentar un plan estratéxico da súa economía baseado na Estratexia Europea 2020”, aseverou.

En relación a este eido, o Presidente salientou que un territorio competitivo esixe, en primeiro lugar, contar cun contorno normativo estable e que sexa capaz de garantir un desenvolvemento sostible e compatible co respecto polo contorno, e subliñou o esforzo do Goberno galego por acometer as necesarias reformas estruturais no seu ámbito competencial: “fixemos cambios na lexislación urbanística –coa modificación da Lei do Solo, as primeiras Directrices de Ordenación do Territorio ou o primeiro Plan do Litoral-; no sector industrial –Lei de Política Industrial-; no sector agrario –coa modificación da Lei de Mobilidade de terras-; no sector pesqueiro –coa Lei de Pesca e a primeira Estratexia europea de Acuicultura-; e no sector comercial coa Lei do comercio e a Lei de protección dos consumidores”.

Así mesmo, referiuse tamén ao xiro que o Goberno galego deu ás políticas que se viñan desenvolvendo en materia de apoio á innovación, plasmado no Plan I2C, “que supón un investimento global de máis de 1.000 millóns de euros ata 2015. É dicir, un 45% máis que na anterior lexislatura”.

Como exemplos prácticos desa nova aposta pola innovación, Feijóo citou dous grandes plans que están a desenvolverse: o Plan Interconecta, que mobiliza 60 millóns de euros para impulsar proxectos innovadores de 106 empresas galegas que forman parte de 26 proxectos desenrolados, e se está a traballar xa nunha segunda edición do programa; e o Innova Saúde-Hospital 2050, dotado con 90 millóns, que permitirá comezar a definir como será o hospital do futuro en Galicia, un centro máis eficiente e que preste mellores servizos aos pacientes, e que xa está comezando a ser unha realidade coa remodelación do Hospital público de Ourense.

Feijóo resaltou, tamén, que a vocación global é esencial para as empresas que queren sobrevivir e medrar e, neste eido lembrou que as axudas que ofrece a Xunta ás PEMES para o fomento da internacionalización multiplicáronse por tres desde 2009. “Pasamos de menos de 4 millóns de euros no 2009 aos máis de 12 millóns. En total, nesta lexislatura levamos aportados 27 millóns de euros en axudas directas para apoiar máis de 2.500 proxectos”.

“Cremos que esta aposta decidida xa está a dar froitos significativos: Galicia ten 5.373 empresas exportadoras, un 11% máis que no comezo da lexislatura; Galicia exportou en 2011 por valor de 17.532 millóns de euros, un 25,6% por riba do 2009; e as exportacións galegas en 2011 superaron o obxectivo fixado para 2013”, precisou.

Apoio aos emprendedores nestes momentos de dificultade

O presidente do Goberno galego subliñou, amais, o apoio da Xunta aos emprendedores nestes momentos de dificultade en todos os sectores estratéxicos e o apoio aos novos proxectos empresariais.

En relación aos sectores estratéxicos referiuse, entre outros, ao apoio ao naval, con 80 millóns; ao sector lácteo, adiantando as axudas da PAC; ao comercio; ao sector da automoción, con 120 millóns de euros; e ao sector do turismo, co éxito do Xacobeo 2010 ou a Marca turística.

Por último, e en relación aos novos proxectos empresariais, Feijóo destacou que no período 2009-2011, multiplicáronse por 5 as axudas a empresas -50.628 iniciativas ou proxectos empresariais apoiados, fronte aos 10.400 proxectos nos tres anos anteriores.

Así mesmo, referiuse, tamén, á Lei do emprendedor, una lei que conterá medidas de apoio concretas, como é o caso das medidas fiscais, entre elas: duplicar a dedución do IRPF para novos emprendedores; duplicar a dedución do IRPF para os que invistan en empresas galegas (ata o 20% e co límite de 8.000 euros); reducir o 95% do Imposto de sucesións en casos de doazóns para crear un negocio; ou a dedución do 100% do imposto de Actos Xurídicos Documentados en transmisión de inmobles para locais comerciais.