miércoles, 16 de mayo de 2012

Rajoy: "o obxectivo do Goberno é deter a caída e crear emprego"

Hoxe tivemos sesión de control ao Goberno. A principal pregunta foi a formulada por Alfredo Pérez Rubalcaba ao Presidente do Goberno. ¿ Considera que as medidas que está vostede tomando melloran a situación da sociedade española?

Mariano Rajoy respostou:

“Eu son moi consciente da dureza da situación, das dificultades polas que están pasando nestes momentos moitos españois e creo que é preciso pór en marcha as medidas que estamos adoptando, primeiro, para deter a caída da nosa economía e, despois, para crecer e para crear emprego. Xa sei tamén que esas medidas non van producir efecto no curto prazo, pero creo que son absolutamente imprescindibles se queremos, como lle sinalei antes, xerar crecemento económico, emprego e situar a España no nivel no que todos queremos que estea.

Alferdo Pérez Rubalcaba, replicou decindo que :“A última vez que compareceu vostede nesta Cámara ofrecinlle en nome do Partido Socialista diálogo porque cría que a situación económica era moi difícil. Desde entón a esta parte todo empeorou: temos a prima de risco en máximos históricos, a Bolsa foise a 2003, temos 5,5 millóns de parados, os pensionistas van pagar polos seus medicamentos, os estudantes pagarán máis polas súas carreiras universitarias, haberá menos profesores, menos bolseiros, máis alumnos por clase e tivemos que nacionalizar Bankia. Este é o resultado do mes que pasou desde que veu vostede a esta Cámara.

Se entón díxenlle que era bo o diálogo, hoxe considéroo imprescindible: entre oposición e Goberno, entre as comunidades autónomas e o Estado, entre os sindicatos, os empresarios e as institucións. Un diálogo, para que. Para pactar unha política de recuperación, de crecemento, que defendamos vostedes e nós coa mesma voz en Europa; un diálogo para falar dos servizos públicos, que se poden financiar mellor, nos que se pode aforrar sen cercenar dereitos; un diálogo para falar das institucións, de concellos, de comunidades do Estado, das deputacións, para ser máis eficientes; un diálogo para falar da reforma financeira, que efectivamente ten que dar crédito e ten que garantir que o que se axuda aos bancos volve aos cidadáns, cousa que co seu decreto-lei lamento dicirlle que non se asegura. En todo caso, señor Rajoy, o día que lle ofrecín diálogo vostede contestoume -imos dicilo suavemente- con displicencia. O outro día os meus compañeiros víronse co ministro De Guindos para falar da reforma. Informoulles -só informou- da reforma. Houbo máis displicencia. Eu se que hai xente que pensa que o diálogo e o acordo debilitan. Eu creo que é xustamente o contrario, que os grandes países sono porque son fortes cando fan fronte ás crises, e España é un gran país que o está pasando moi mal. Correspóndelle a vostede, señor Rajoy, como presidente do Goberno traballar para conseguir esa unidade. Nós, como primeiro partido da oposición, dicímoslle nesta Cámara que se quere dialogar, estamos dispostos porque cremos que España o necesita; coas nosas solucións, señor Rajoy, pero sobre todo coas que acordemos, que serán as mellores para os cidadáns españois."

O presidente do Goberno, duplicou afirmando que: “Todas as medidas que estamos tomando son para saír do pozo no que estamos neste momento. As medidas non son o obxectivo. O obxectivo é crecer e crear emprego, e as medidas son o instrumento para conseguir ese obxectivo. Hai tres cousas que na nosa opinión é obrigado facer, e é no que estamos traballando. En primeiro lugar, reducir o déficit público. Isto é necesario por moitas razóns, pero a máis importante de todas elas é que neste momento hai un serio risco de que non nos presten ou de que nos presten a prezos astronómicos. Este ano o Goberno de España vai pagar, só de intereses da débeda, 30.000 millóns de euros. Comprenderá vostede que non podemos seguir nesta situación. Por iso temos que facer un esforzo para reducir o déficit público. Isto é algo absolutamente imprescindible. Este é o primeiro tipo de medidas.

Segundo tipo de medidas. Temos que facer reformas estruturais para que as nosas empresas poidan competir. É necesario que as nosas empresas vendan porque, se venden, producen e xa que logo crean emprego. Por iso é preciso facer reformas estruturais e, crear, non se fixeron as que se deberían facer ao longo dos últimos anos.

Para rematar, é necesario proceder ao saneamento do noso sistema financeiro. Nos anos 2008 e 2009 moitos países no mundo tomaron decisións sobre o sistema financeiro; agora non teñen problemas. Nós temos que facelo agora. Hai que facelo porque as nosas entidades financeiras non se poden financiar hoxe, como non se poden financiar moitas das nosas administracións, e porque, se non, non hai crédito en España, e se non hai crédito en España non hai investimento, e se non hai investimento non hai emprego. Xa que logo, creo sinceramente que estamos facendo o que temos que facer, ademais de defender as nosas posicións en Europa.

Eu estou absolutamente convencido de que é bo falar con vostedes, pero me gustaría que vostedes apoiasen boa parte das reformas importantes que trouxemos aquí. Nós apoiámoslles a reforma da Constitución no seu día e vostedes nin sequera foron capaces de aprobar a Lei Orgánica de Estabilidade Orzamentaria que desenvolvía esa reforma que acordamos."

Tmén o Presidente do Goberno deu  resposta a unha pregunta da deputada Rosa Díez, de UPyD, Rajoy explicou que "estamos facendo cousas que habería que facer aínda que non estivésemos nesta situación, por exemplo reducir o déficit público, facer reformas para crecer e crear emprego, suprimir organismos superfluos, etc.".

A isto engádense medidas ás que obrigan as circunstancias, como a restructuración do sistema financeiro. Pero ademais destacou que "teño que facer as cousas con máis rapidez porque as circunstancias obrígannos. Se o déficit público en lugar do 8,5 fose do 6 podería que ir con menos rapidez e non tería que tomar algunhas medidas".