martes, 29 de mayo de 2012

Na reunion de Ministros Iberoamericanos de Fomento

Hoxe asistín como observador á "Reunion de Ministros Iberoamericanos de Fomento" que se celebrou no Pazo de Zurbano en Madrid.

 Trátase dunha reunión sectorial de ministros de Fomento e Transporte, preparatoria do Cume Iberoamericano de Cádiz que se celebra o próximo mes de novembro.

A ministra Ana Pastor destacou no seu discurso inaugural que España e Latinoamérica "sigan traballando nunha estratexia común, beneficiosa para todos, que fortaleza os seus vínculos por encima das diferenzas e que permita deixar de lado desencontros e tensións"

Así para manter e impulsar o desenvolvemento de todos os países, Pastor chamou a facer un esforzo por planificar, de xeito coordinado as políticas de infraestruturas que dean como resultado un sistema de transporte sostible, o que require definir políticas e normas técnicas homologadas a escala mundial co fin de favorecer a internacionalización das empresas españolas.

Destacou que o investimento en infraestruturas é sinónimo de riqueza e emprego; e por iso, as infraestruturas son elementos dinamizadores do crecemento , reclamando que debemos facer un esforzo por planificar, de xeito coordinado, as políticas de infraestruturas que dean como resultado un sistema de transporte sostible e eficiente.

Dixo que tratase de  afianzar un modelo que garanta a rendibilidade económica, baseada en estritos parámetros de eficiencia, así como unha rendibilidade social, que manteña o espírito de servizo público do transporte.

Referiuse a que España  nas últimas décadas, desenvolveu unha completa rede de infraestruturas en materia de transporte, que, sen dúbida, contribuíu ao noso desenvolvemento e á vertebración territorial do país.

Engadiu  que Precisamente agora, tanto en España como en Iberoamérica, é un momento no que debemos apostar por novos modelos de financiamento para dotar as obras de orzamentos realistas e viables.Modelos que permitan levar os valores da certeza e a previsibilidade ao ámbito das infraestruturas.

Trátase dun proceso de diversificación de fontes de investimento, no que, sen perder de vista o papel predominante do sector público, debemos fomentar a participación da iniciativa privada nos grandes proxectos de infraestruturas, afirmou Ana Pastor.

Afirmou que o Goberno de España apoia a todas aquelas empresas españolas que fixeron investimentos de capital, de traballo e de recursos humanos en Iberoamérica, porque crean emprego e riqueza ao mesmo tempo que supón elementos decisivos na integración das rexións.

A internacionalización empresarial é o futuro da enxeñería civil en España e tamén en América Latina. É un proceso altamente beneficioso para todos porque o que é bo para un país, é bo para o conxunto dos que formamos a comunidade iberoamericana.

Rematou decindo que e o momento dun novo salto nas relacións renovadas entre Iberoamérica e España a través dun modelo de infraestruturas que afiance os lazos económicos e culturais.

Logo de amplos debates sobre planificación de infraestruturas de transporte e de financiaciamento das infraestruturas,  con  interesantes intervencións dos Ministros e responsables de delegacións, foi aprobada por unanimidade unha Declaración.