lunes, 28 de mayo de 2012

Actividade plenaria da presente semana

Mañá as 16,00 horas comeza no Congreso a sesión plenaria  co debate de toma en consideración da proposición de lei presentada polo Grupo Mixto para a reforma do Real Decreto-Lei 9/2009, de 26 de xuño, sobre reestruturación bancaria e reforzamento dos recursos propios das entidades de crédito, relativa á participación pública na desinversión de entidades financeiras con presenza de caixas de aforros.

Tamén se debaterá a toma en consideración da proposición de lei do Grupo Parlamentario Socialista, de modificación da Lei Xeral da Seguridade Social, Texto Refundido aprobado por Real Decreto Lexislativo 1/1994, de 20 de xuño, para estender a cobertura das pensións de orfandade.

O Pleno continuará coas proposicións non de lei do Grupo Popular relativa á remisión dun Plan Integral de Turismo; e do Grupo Parlamentario Socialista, relativa á entrada en vigor dun sistema de Eurobonos.

Finalmente a sesión concluirá coas mocións consecuencia de interpelacións urxentes do Grupo Parlamentario de EU, ICV-EUiA, CHA, sobre o cambio unilateral de modelo do Sistema Nacional de Saúde; e do Grupo Parlamentario Socialista, sobre a necesidade dunha estratexia de crecemento para Europa e España.

O día seguinte mércores, ás 9,00 horas, comezará a sesión de control ao Goberno e o debate das interpelacións urxentes.

E o xoves, ás 9,00 horas, o Pleno renovarase para debater e votar a convalidación ou derrogación do Real Decreto-Lei 18/2012, de 11 de maio, sobre saneamento e venda dos activos inmobiliarios do sector financeiro.

Posteriormente está previsto o debate de totalidade do proxecto de lei de modificación da Lei 7/2010, de 31 de marzo, Xeneral da Comunicación Audiovisual, para flexibilizar os modos de xestión das canles públicas de televisión autonómica, no caso de que algún grupo parlamentario pida a devolución do mesmo ao Goberno ou presente un texto alternativo.

O Pleno verá a continuación diversos ditames da Comisión de Asuntos Exteriores sobre Convenios internacionais.

Para rematar, o Pleno votará o Ditame da Comisión Mixta para as Relacións co Tribunal de Contas en relación coa Declaración sobre a Conta Xeral do Estado do exercicio 2009, así como a Resolución adoptada por devandita Comisión.