domingo, 27 de mayo de 2012

Medias para impulsar e liberalizar o comercio


O sector comercial recibiu unha boa noticia no Consello de Ministros do pasado venres coa aprobación dun Real Decreto Lei que elimina as licenzas previas á apertura e actividade vinculadas a establecementos comerciais de ata 300 metros cadrados situados en todo o territorio nacional.

Unha medida que favorecerá a apertura de comercios e suporá un apoio fundamental a un sector que representa o 5% do PIB e dá traballo a 1,8 millóns de persoas. (600.000 locais e 435.000 empresas).

A vicepresidenta do Goberno en rolda de prensa destacou que, segundo a OCDE, somos un dos países que necesita máis tramites para abrir un negocio, situándonos no posto número 45 do ranking mundial. Estes datos, pon de manifesto a necesidade de emprender unha reforma.

Neste sentido, Sáenz de Santamaría subliñou que a medida "busca cambiar a cultura administrativa, liberalizar o comercio, simplificar os procedementos, axilizar trámites, acabar coa burocracia e, sobre todo, apoiar aos emprendedores porque, neste momento de crise, a Administración debería porlles alfombra vermella para abrir e non porlles dificultades".

A nova normativa substitúe o procedemento de solicitude de licenzas municipais a priori que obrigaba ao prestador a esperas de ata 24 meses para iniciar a actividade.

A vicepresidenta explicou que de agora en diante quen estea interesado en abrir un establecemento comercial poderá facelo "inmediatamente", tras realizar unha comunicación previa ou declaración responsable ante o concello, cumprir os requisitos esixidos para acondicionar o local e pagar os impostos requiridos. Posteriormente, os técnicos municipais comprobarán que a documentación presentada é correcta.

"O tempo non dependerá da Administración. Se hai demora, será para a Administración pero non para o emprendedor que quere montar o negocio", manifestou .

Sáenz de Santamaría engadiu que a medida, en principio, está pensada para establecementos de menos de 300 metros cadrados, pero "o Goberno estará moi pendente do seu funcionamento para poder ampliar a locais maiores" e a outras actividades actualmente non previstas na lei.