sábado, 26 de mayo de 2012

A madeira: sector estratexico de Galicia

Invitado por Confemadera Galicia estiven hoxe en Santiago, participando nunha xornada baixo o título “innovación no sector da madeira e do moble, tendencias e oportunidades".

Abriu o acto o presidente da organización empresarial, o ourensan Elier Ojea Ureña, que logo cedeu a palabra ao presidente da Xunta, Alberto Núñez que destacou o “compromiso profesional” e o espírito de “cooperación” co que traballa o sector do moble e da madeira en Galicia, como o mellor camiño na busca de novas oportunidades.

Salientou a importancia deste sector na economía galega e subliñou que o potencial dos sectores produtivos de Galicia unido ao firme compromiso da Xunta con eles, é a mellor carta de presentación para avanzar con paso firme no camiño da internacionalización e da innovación.

Dixo que actividade ocupa a unhas 75.000 persoas en Galicia entre empregos directos e indirectos e acada unha facturación conxunta de 1.800 millóns de euros.

Afirmou que “as nosas características naturais márcannos como potencia forestal. Pero non abonda con selo dunha maneira pasiva. Temos que actuar, e eu celebro que no ámbito forestal se estea actuando”, dixo o presidente.

Tamén na súa intervención, Feijóo puxo como mostra do “compromiso político” da Xunta co sector madeireiro, os incentivos fiscais que o Goberno galego puxo en marcha para tratar de aumentar a viabilidade das explotacións forestais, para que os propietarios que apostan por agrupar os seus montes para sacar máis riqueza forestal non paguen ningún imposto. Nin o de sucesións ou o de actos xurídicos documentados, cando transmitan as parcelas, nin o de transmisións, cando as vendan, abondou o presidente.

Feijóo referiuse, tamén, ao “compromiso institucional” do Goberno galego con este sector que se plasma en iniciativas como a primeira Lei de Montes “adaptada á realidade e ás particularidades dos nosos montes e coherente coas demandas que tradicionalmente formularon os silvicultores e as empresas vinculadas ao sector forestal”.

Explicou, esta normativa responderá ao obxectivo de “regular os usos forestais para facer rendible o monte e frear o abandono do rural”.

Así mesmo dixo que fomentará a concienciación social sobre a importancia dos montes e da súa ordenación, xa que implicará a propietarios públicos e privados do monte tanto nas tarefas de prevención como de conservación da riqueza forestal galega.

Explicou que “a Lei pretende contribuír a consolidar a xestión forestal sostible dos montes galegos”, dixo o presidente, quen engadiu que se trata dunha tarefa “especialmente necesaria” xa que en España a porcentaxe de superficie forestal con certificación sustentable non acada o 10% do total, fronte a países como Alemaña (que acada o 70%) ou Finlandia (co 80%).

Feijóo non esqueceu o grave problema do monte galego que é o tamaño das parcelas, que impide unha explotación racional. E refeiriuse a que Galicia está gastando en extinción de incendios unha cifra anual de 90 millóns de euros, que é claramente inasumible.

Despois do Presidente interveu Pierre Marie Desclos, consultor experto en marketing e comercio internacional de productos forestais que falou da situación actual e as perspectivas do mercado mundial da madeira.

Pronosticóu un forte crecemento nun marco de globalización no que xa non caben territorios illados.

Afirmóu que Galicia ten unha combinación axeitada para a silvicultura (clima, choiva, bo chan, etc) e que dispon da masa crítica de bosques para abastecer as industrias e atraer investimentos. Resaltou a ineludible obriga de certificar a madeira para competir internacionalmente.

E tras coñecer as superficies medias das nosas parcelas, as calificóu de "nanofundistas", decindo que non é posible xestionar superficies tan pequenas.

Sen dúbida unha importante xornada.