Acabo de chegar do estadio do Couto onde presenciei no medio dun extraordinario ambiente o partido de fútbol entre os vascos do Laudio e C.D. Ourense, con vitoria local, e gocei polo tanto da festa do ascenso a Segunda División B dun equipo formado de xeito maioritario por xóvenes da canteira.
Ledicía deportiva para a nosa cidade que é compartida coa que nos proporcionou a todos o venres o Clube Ourense Baloncesto que logo de gañar en Catalauña ao Prat xa é novo equipo de LEB Ouro.
Felicidades aos xogadores dos dous equipos, aos seus adestradores, ás afeccións e aos seus presidentes, Manolo Seoane e Jorge Bermello que xestionaron extraordinariamente.
No caso do baloncesto co mérito engadido de achegar partido tras partido a centos de xiareiros, as gradas do "Paco Paz" movilizando o deporte do basket nos Colexios e creando un ambiente entusiasta digno de encomio.