miércoles, 16 de mayo de 2012

Saénz de Santamaría: "O antónimo de crecemento non é austeridade; austeridade é o antónimo de malgasto e o gasto non ten por que ser sinónimo de estímulo nin de crecemento".

Tamén hoxe na sesión de control escoltamos a pregunta de Soraya Rodríguez Ramos, voceira do Grupo Parlamentario Socialista, que preguntou a Vicepresidenta do Goberno Soraya Sáenz de Santamaría Antón: ¿Pensa o Goberno apoiar medidas de estímulo ao crecemento na Unión Europea?

Soraya respostou con contúndencia, que sí: “apoiámolas en Europa e aplicámolas en España. Defendémolo no Consello Europeo de marzo e seguirémolo defendendo no Consello Europeo de maio.”

No seu segundo turno a Vicepresidenta deixu claros varios conceptos:

O antónimo de crecemento non é austeridade; austeridade é o antónimo de malgasto e o gasto non ten por que ser sinónimo de estímulo nin de crecemento.

E non é cuestión de retórica, é cuestión de experiencia. Voullo a demostrar cuns datos. Ano 2009, o ano que o Goberno socialista dixo que ía estimular a economía, é o ano do PlanE, 11.000 millóns de euros. Alcanzouse o 11,2% de déficit en España.

E que pasou coa economía? Que pasou co emprego? O produto interior bruto baixou case catro puntos e o paro subiu cinco. Destruíronse 1.200.000 empregos e pecháronse 70.000 empresas. Nin crecemento, nin emprego, o único que creceu foi a débeda: 130.000 millóns de euros nun ano.

E a débeda é a partida menos estimulante dos orzamentos; nin do crédito, nin do emprego, señora Rodríguez. Pagando os intereses da débeda vanse 30.000 millóns de euros, máis do que se paga en prestacións por desemprego e catorce veces máis do que se paga en servizos sociais. Por iso xa lle digo que o peor inimigo do crecemento é a débeda.

A austeridade é o orzamento para o crecemento completada con reformas estruturais, e é o que está facendo este Goberno: austeridade e reformas estruturais, e da perfecta combinación de ambos vén a saída fronte á crise.

Voulle a pór un exemplo dunha magnífica conxunción de ambas: o Plan de pago a provedores; estímulo e austeridade. Inxéctanse 35.000 millóns á economía, e non a calquera economía, á economía produtiva, á das pemes e aos autónomos, para que recobren o seu diñeiro, para que poidan manter o emprego; pero se impón a austeridade. As autonomías teñen que ter as contas claras e pór o contador a cero e plans de axuste para que a partir de agora esa cifra de déficit non volva repetirse nunca máis.

Señoría, moitos expertos -e púidoo ler o fin de semana- xa din que o debate entre crecemento e austeridade é falso e fraudulento. Eu invítolle a que siga a senda de responsabilidade que están facendo algúns, porque non pode haber bandos, porque o obxectivo é único: crecer e crear emprego."